miniatura|Neostigmina ou 3-{[(dimetilamino)carbonil]oxi}-N,N,N-trimetilbenzenaminio. miniatura|Modelo de bólas e barras da neostigmina.
O neostigmina, vendido cos nomes de marca Bloxiverz, Prostigmin, Vagostigmin e outros, é un medicamento usado para tratar a miastenia grave, a síndrome de Ogilvie e a retención urinaria sen que haxa bloqueo. Tamén se usa en anestesia para acabar cos efectos da medicación bloqueante neuromuscular non despolarizante. Adminístrase por inxección por vía intravenosa, intramuscular ou subcutánea. Despois da inxección os efectos son xeralmente maiores aos 30 minutos e duran ata 4 horas.
Efectos secundarios comúns son as náuseas, aumento da saliva, dor abdominal por cambras, e a bradicardia. Os efectos secundarios máis graves son a hipotensión arterial, debilidade e reaccións aléricas. Non está claro se usalo durante o embarazo é seguro para o bebé. A neostigmina pertence á familia dos medicamentos colinérxicos. Funciona bloqueando a acción da acetilcolinesterase e, por tanto, incrementa os niveis de acetilcolina.
A neostigmina patentouse en 1931. Está incluída na Lista de medicinas esenciais da OMS. O nome procede do grego neos, 'novo', e "-stigmina", en referencia ao alcaloide fisostigmina, que inspirou o seu deseño (e o nome fisostigmina procede do da planta Physostigma). Está dispoñible como medicamento xenérico.
Usos médicos Úsase para mellorar o ton muscular en persoas con miastenia grave, e tamén para reverter os efectos dos relxantes musculares non despolarizantes, como o rocuronio e o vecuronio ao final dunha operación.
Outra indicación de uso é o tratamento conservador da psedoobstrución de colon aguda ou síndrome de Ogilvie, no cal os pacientes presentan unha dilatación do colon masiva en ausencia dunha verdadeira obstrución mecánica.
A neostigmina a miúdo prescríbese para tratar a vexiga urinaria pouco activa.
Os hospitais ás veces administran unha solución que contén neostigmina por vía intravenosa para atrasar os efectos do envelenamento por veleno de serpe. Algunhas investigacións prometedoras indican que é útil administrala por vía nasal para gañar tempo se non se vai dispoñer inmediatamente dun antiveleno.
Efectos secundarios A neostigmina ten unha ampla variedade de efectos secundarios debido á súa acción de incrementar a unión da acetilcolina (ACh) aos receptores muscarínicos nas células glandulares exócrinas do corpo, células musculares cardíacas, e células musculares lisas. Estes efectos inclúen: salivación, lacrimeo, diarrea, bradicardia e broncoconstrición. Os síntomas gastrointestinais son os que primeiro aparecen.
Por esta razón, xeralmente adminístrase cun fármaco anticolinérxico, como a atropina ou o glicopirrolato, que actúan soamente sobre os receptores muscarínicos mentres que permiten a acción da neostigmina sobre os receptores nicotínicos.
A neostigmina pode tamén inducir efectos secundarios oculares xenéricos como: dor de cabeza, dor na fronte, visión borrosa, facodonese (vibración do cristalino), inxección pericorneal, irite conxestiva, varias reaccións alérxicas e, raramente, desprendemento de retina.
Farmacoloxía
A acetilcolina metabolízase por acción do encima acetilcolinesterase, que corta a acetilcolina na unión neuromuscular dando acetato e colina. A neostigmina é un inhibidor da acetilcolinesterase. A neostigmina únese ao sitio aniónico e éster da acetilcolinesterase, o cal bloquea a degradación de acetilcolina polo encima antes de que chegue aos receptores da membrana postsináptica. A súa acción causa a acumulación de acetilcolina na unión neuromuscular que compite co axente bloqueante non despolarizante unido aos receptores de acetilcolina. Ao interferir coa degradación da acetilcolina, a neostigmina indirectamente estimula tanto os receptores nicotínicos coma os muscarínicos.
A diferenza da fisostigmina, a neostigmina ten un nitróxeno cuaternario; por tanto, é máis polar. Non cruza a barreira hemato-encefálica nin entra no sistema nervioso central.
A neostigmina adminístrase por vía intavenosa e debería administrrase cando un estimulador de nervios periféricos mostra unha segunda contracción ou cando a resposta da primeira contracción está considerablemente por riba do 10 % da liña basal. O efecto pico dáse entre os 7 e 10 minutos. A neostigmina ten unha duración de acción moderada, xeralmente de dúas a catro horas. Metabolízase por encimas no fígado e excrétase pola urina.
Química A neostigmina, que pode considerarse un análogo simplficado da fisostigmina, prodúcese pola reacción do 3-dimetilaminofenol co N-dimetilcarbamoíl cloruro, que forma o dimetilcarbamato, e a súa posterior alquilación usando dimetil sulfato, que forma o composto desexado.
Datos espectrais A neostigmina mostrsa unha notable absorción UV/VIS a 261 nm, 267 nm e 225 nm.
A espectroscopia RMN 1H da neostigmina desprázase a: 7,8, 7,7, 7,4, 7,4, 3,8, e 3,1 partes por millón. Os maiores desprazamentos débense aos hidrñoxenos aromáticos. Os cambios inferiores a 3,8 ppm e 3,1 ppm débense á natureza retiradora de electróns dos nitróxenos terciario e cuaternario, respectivamente.
Historia
A neostigmina sintetizárona por primeira vez Aeschlimann e Reinert en 1931 e patentouna Aeschlimann en 1933.US 1905990, Aeschliman JA, emitido en 1933
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Inhibidores da acetilcolinesterase Categoría:Carbamatos aromáticos Categoría:Compostos dimetilamino Categoría:Compostos de amonio cuaternario