Gustavo Barcia Seijo, nado en Mos en 1985, é un político nacionalista galego. Foi candidato á alcaldía de Mos polo BNG nas eleccións municipais de 2019 e 2023. Traxectoria Graduado en Xeografía e Historia pola Universidade de Vigo e mestre de música na especialidade de tuba polo Conservatorio de Tui.
É membro fundador e voceiro nacional de Alicerce, colectivo político constituído como corrente interna do Bloque Nacionalista Galego en novembro do 2024. Na XVIII Asemblea Nacional do BNG encabezou a lista de Alicerce que obtivo un 3,51% dos votos da militancia e foi electo membro da Executiva Nacional do Bloque e, por extensión, do seu Consello Nacional.
Notas
Categoría:Nados en Mos Categoría:Nados en 1985 Categoría:Políticos do BNG Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo