Antonio Cuíñas Vidal, nado en Carballedo (Cerdedo Cotobade) cara a 1899 e finado no Carballiño en agosto de 1961, foi un comerciante e xornalista galego.

Traxectoria Chegou ao Carballiño como representante de Simeón García. Montou os almacéns Santa Tecla. Foi correspondente de Faro de Vigo no Carballiño dende 1928. En 1931 foi nomeado correspondente de Galicia,Galicia, 15-11-1931, p. 2. e ao ano seguinte dos xornais madrileños El Sol e La Voz.Galicia, 6-7-1932, p. 2. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi sancionado en setembro de 1937 polo gobernador civil de Ourense cunha multa de 500 pesetas por "publicar un artigo no que atribuía a representación do Concello de Boborás a unha persoa que non a ostentaba".La Región, 15-9-1937, p. 3. Foi procesado na causa 647/37 por propagar novas tendenciosas e xulgado en Ourense o 27 de outubro de 1937. A causa foi sobresida e Antonio foi posto a disposición gobernativa. Tamén foi correspondente no Carballiño de La Noche, El Correo Gallego e La Región. Finou no Carballiño en agosto de 1961.La Región, 18-8-1961, p. 7.

Vida persoal

Casou con Celsa Barros Rodríguez.

Notas

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Cerdedo Cotobade Categoría:Nados en 1899

Categoría:Finados en 1965