Anne Sheepshanks, nada o 2 de abril de 1789 e finada o 8 de febreiro de 1876, foi unha benefactora británica que patrocinou accións relacionadas coa astronomía.

Traxectoria Anne Sheepshanks naceu en Leeds o 2 de abril de 1789, filla de Joseph e Ann Sheepshanks. A nai era orixinaria de Kendal e o pai dedicábase ao sector téxtil. Tiña dous irmáns, John e Richard Sheepshanks. Richard formouse como astrónomo no Trinity College (Cambridge), onde se graduou coa décima mellor cualificación. En 1819, Richard completou o seu título de mestrado e Anne trasladouse a vivir con el. Cando Richard morreu solteiro en 1855, ela foi a súa herdeira. Anne morreu o 8 de febreiro de 1876 en Reading, Inglaterra.

Legado Anne doou 196 libros da colección do seu irmán Richard á Royal Astronomical Society. Tamén doou dez mil libras ao Cambridge Observatory. Con este financiamento adquiriuse un novo telescopio fotográfico no observatorio, que foi nomeado na honra de Anne. O diñeiro tamén foi utilizado para estabelecer unha bolsa académica, a Sheepshanks Exhibition. Foi nomeada membro honoraria da Royal Astronomical Society. O cráter Sheepshanks na Lúa tamén recibe o seu nome, un dos poucos cráteres lunares cun epónimo feminino.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1789 Categoría:Nados en Leeds Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge Categoría:Finados en 1876 Categoría:Filántropos de Inglaterra