Marcel de Marchéville, nado en Chartres (Eure e Loir) en 1840 e finado en Sologne (Loir e Cher) en 1904, foi un numismático e bibliófilo francés, presidente da Sociedade Francesa de Numismática durante varios períodos.

Traxectoria Marcel de Marchéville naceu en 1840 na localidade de Chantres.Babelon, E. (1904-a-). Páxina 459.Babelon, E. (1904-b-). Páxina 113.

Carreira profesional Cursou estudos de Dereito e a súa carreira profesional desenvolveuse inicialmente no ámbito da Administración pública. A súa primeira dedicación foi como auditor do Consello de Estado, e posteriormente foi nomeado maître des requêtes, cargo que ocupou ata 1879, cando abandonou a súa carreira administrativa por mor da súa ideoloxía política.

A partir dese momento Marchéville dedicouse ao ámbito empresarial e industrial, con cargos directivos en varias compañías de produción de sal, ferroviarias e de seguros, varias delas creadas polo seu sogro e das que se ocupou logo do pasamento deste.

Erudito e numismático Paralelamente á súa carreira profesional, Machéville sentiuse atraído polo coleccionismo de libros raros e curiosos, edicións de luxo e, sobre todo, moedas medievais. Chegou a compor unha nutrida colección de moeda feudal de Francia, que foi moi relevante para o coñecemento da numismática francesa desa época, impulsado por el mesmo a partir das súas investigacións e publicacións sobre as pezas da súa propia colección.Babelon, E. (1904-a-). Páxina 460.Babelon, E. (1904-b-). Páxina 114.Véxase a sección "Publicacións".

Marchéville foi membro da Sociedade Francesa de Numismática, entidade que presidiu durante tres períodos: 1893-1894, 1895-1896 e 1900-1902."Les présidents de la SFN". Société française de numismatique (Sfnumismatique.org).

Na súa honra, déuselle o seu nome ao Museo Arqueolóxico Marcel de Marchéville, en Romorantin-Lanthenay, Loir e Cher."Musée Archéologique Marcel de Marchéville". Museemusee.com

Vida persoal Marcel Compaigon de Marchéville estivo casado e tivo un fillo, chamado Louis de Marchéville.Babelon, E. (1904-a-). Páxina 461.

Marcel de Machéville finou subitamente o 15 de maio de 1904, aos 64 anos, no seu castelo do Moulin, en Loir e Cher, efoi soterrado o día 19 de maio en Selles-sur-Cher.Babelon, E. (1904-b-). Páxina 115.

Publicacións Esta é unha escolma dos estudos numismáticos publicados por Machéville:"Bibliographie numismatique". En Gazette numismatique française. 1904. Páxinas 116-117. (1888). "Un demi-gros de Charles VI". En Annuaire de la Société française de numismatique. Tomo XII. Páxinas 78-83. (1889). "Une pièce d’or inéditede Raymond IV, prince d'Orange". En Annuaire de la Société française de numismatique. Tomo XIII. Páxinas 380-385. (1889). "Le denier d'or à l’agnel". En Revue numismatique. Páxinas 1-37. (1889). "Le denier d'or à la reine". En Revue numismatique. Páxinas 567-595. (1891). "Le rapport entre l'or et l’argent au ns de saint Louis". En Annuaire de la Société française de numismatique. Tomo XV. Páxinas 133-152, 215-219. (1891). "Le gros tournois de Charles IV le Bel". En Cumont, G.; De Witte, A. Congrès international de numismatique tenu à Bruxelles. Páxinas 251-262. (1891). "Une monnaie bourquignonne de Jean, duc de Normandie". En Revue numismatique. Páxinas 258-269. (1891). "Restitution d'un gros tournois à Jean IV, duc de Bretagne". En Revue numismatique. Páxinas 209-214. (1892). "Louis X le Hutin a-t-il frappé des gros tournois". En Revue numismatique. Páxinas 28-53. (1893). "Le denier de Sainte-Marie au nom du roi Robert". En Revue numismatique. Páxinas 494-509. (1895)."Les francs à pied frappés à Limoges et à la Rochelle". En Annuaire de la Société française de numismatique. Vol XIX. Páxinas 312-317. (1900). "La monnaie d’or de Louis de Crécy, comte de Flandre". En H. de Castellane; Blanchet, A. Congrès international de numismatique réuni a Paris en 1900. París. Páxinas 302-315.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Babelon, E. (1904-a-). "Marcel de Marchéville". En Revue numismatique. Tomo VIII. París. Páxinas 459-461. Babelon, E. (1904-b-). "Biographie de Marcel de Marchéville". En Gazette numismatique française. 1904. Páxinas 113-15

Categoría:Nados en 1840 Categoría:Finados en 1904 Categoría:Nados no departamento de Eure Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Coleccionistas Categoría:Presidentes da Sociedade Francesa de Numismática