José Becerra Triñanez, nado en Carantoña (Vimianzo) o 4 de setembro de 1915 e finado en Gusen (Austria) o 19 de novembro de 1941, foi un exiliado galego deportado ós campos de concentración nazis.

Traxectoria Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 que deu inicio á guerra civil española combateu no bando republicano, acadando o grao de sarxento. Consumada a vitoria do bando franquista na guerra civil española fuxiu a Francia. Integrouse no 11º rexemento de infantería estranxeira e trala caída de Francia na segunda guerra mundial foi capturado polo exército alemán e enviado ó Stalag XI-B, en Fallingbostel (Alemaña). Deportado ó campo de concentración de Mauthausen, onde ingresou o 25 de novembro de 1940, finalmente foi trasladado ó campo de concentración de Gusen, onde pereceu o 19 de novembro de 1941.

Recoñecementos O 18 de febreiro de 2018 celebrouse no Parlamento de Galicia unha homenaxe promovida pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica onde se leron os nomes das 193 vítimas galegas que fuxiron da represión franquista e acabaron deportadas nos campos de concentración nazis, entre eles o de José Becerra Triñanez.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en Vimianzo Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1941 Categoría:Galegos finados en campos de concentración nazis