Kérkennai é un grupo de folk galego formado no ano 1999 na comarca da Baixa Limia por Pepe Quintas e Sindo Otero. O grupo toma o nome do campamento romano Aquis Querquennis.
Traxectoria A súa música procede da tradición galega, mixtura ese legado con estilismos de carácter contemporáneo, achegándoa aos sons da cultura “Atlántica” e á “World Music”.
En maio de 2001, gravaron unha maqueta nos estudios da Radio Galega en Santiago de Compostela, coa que se dan a coñecer, tanto en medios radiofónicos coma televisivos.
Pouco despois, xa no ano 2003 gravan o seu primeiro disco de estudio, editado pola compañía ourensá Zouma Records, e titulado Via Nova, en homenaxe á Vía Romana que cruzaba a antiga Gallaecia, atravesando a comarca da Limia.
Máis tarde, presentaron o seu segundo álbum de estudio chamado Nas beiras de Lethes, nome mítico do río Limia (río do esquecemento). En outubro de 2011 emitiuse un concerto en directo gravado para a Radio Galega.
No ano 2012 o grupo colaborou co Instituto Cervantes en representación da música galega, a través de diversos concertos nas cidades marroquíes de Tánxer, Tetuán e Rabat. Nese mesmo ano, foi un dos cinco grupos invitados ó Festival Interceltique de Lorient. A finais dese mesmo ano 2012, edítase pola compañía "KELTIA MUSIQUE"; un CD recompilatorio do FIL (Lorient) no que participan xunto con outros artistas da cultura celta.
No seu terceiro disco Un soño cotián de bolboretas colaboraron artistas tan salientables como Uxía, Pablo Díaz, Pedro Pascual, Pablo Condo, Ariel Ninas e inclúe ademais un texto do escritor ourensán Delfín Caseiro, este álbum foi nomeado no apartado de “mellor disco folk”, nos XIII Premios Opinión (2014).
Membros ó longo da súa traxectoria
Pepe Quintas (Baixo elec., voz) Sindo Otero (Guitarras, voz) Juan Seara (Frauta, wistles, gaitas, acordeón, voz) Pepa Rodríguez (Clarinete, percusións, voz) Lucía Rodriguez (Frauta traveseira, voz) Carlos Campos (Violín) Felipe Rodicio (Violín) José M. López “Josele” (Saxo, Clarinete, percusións) Pablo Camarero (Violín) David Cid (Baixo, Baixo fretless, Contrabaixo) Adrián Rodríguez “txitxas” (Batería, percusións)
Colaboracións
Uxía Senlle : en “Un Soño Cotián de Bolboretas” Pablo Díaz : en “Un Soño Cotián de Bolboretas” Pedro Pascual : en “Un Soño Cotián de Bolboretas” Pablo Condo : en “Un Soño Cotián de Bolboretas” Ariel Ninas : en “Un Soño Cotián de Bolboretas” David Gonzáles Outumuro : en “Nas Beiras de Lethes”
Sabela Dacal : en “Nas Beiras de Lethes” e “Vía Nova” Pablo Dalama : en “Vía Nova” Fernando Risco : en “Vía Nova” Ivan Salgado : en “Vía Nova
Discografía Vía Nova (Zouma Records, 2003) Nas Beiras de Lethes (Zouma Records, 2007) 42éme Festival Interceltique de Lorient (Keltia Musique, 2012) Un Soño Cotián de Bolboretas (Phonos, 2013)
Colaboracións no audiovisual
Esquecidas (2007) O Limia, El río del olvido (2008) O Xan das Congostras
Notas
Categoría:Folk galego