Sekitō Shigeo (en ), é un músico xaponés de electone (órgano electrónico) do que se lle coñece escasa información pública, cunha páxina oficial en inglés e unha canle de YouTube co seu nome de profesor de piano Ken Akishino, pechada en 2021. O primeiro traballo profesional de Shigeo foi unha serie de álbums chamada "Special Sound Series". A colección publicouse a mediados e finais dos anos setenta. Estes traballos foron moi ben recibidos pola non moi ampla comunidade de Electone no seu tempo e considerada como unha obra de culto para a comunidade contemporánea. Debido ao éxito da Image Sound Series, pedíronlle a Shigeo que formase parte dun festival musical en Malaisia que tivo lugar en 1997, Sekitō comezou o concerto interpretando a súa propia versión do Concerto de Aranjuez de Joaquín Rodrigo. Un reporteiro local achegouse para falar con Shigeo, o que deu lugar a que aparecese máis información sobre el. A comunidade de fans alega o rumor que na súa canle de YouTube un veciño de Shigeo recoñeceu o seu falecemento en 2021, sen confirmación oficial.
Discografía Artistas coma Mac DeMarco ou djs de vaporwave coma Vektroid empregan samples de Shigeo na actualidade. O pianista enmárcase dentro dun estilo ambient con cancións de curta duración. Un órgano nasal e agudo lidera a melodía, descendendo rapidamente a tons reberberantes.
Nos case 50 anos desde o seu lanzamento, "The Word II" foi sampleado ducias de veces. Máis recentemente, a melodía foi mesturada directamente no ritmo de "How You Feel" da colaboración de 2018 entre Travis Scott e Quavo, Huncho Jack e Jack Huncho. O rapeiro de Brooklyn AKTHESAVIOR tamén a empregou en loop na súa canción de 2017 "Melting Amethyst".
Albumes de Estudio エレクトーン・ファンタスティック!! EX-21のすべて (196X) Special Sound Series Vol. 1 (1975) Special Sound Series Vol. 2 (1975) Special Sound Series Vol. 3 (1976) Special Sound Series Vol. 4 (1977) エレクトーンの魅力 - 青い影 / 天使のささやき (1979) アーティスティック・エレクトーン Artistic Electone (1985)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do artista Sekitō Shigeo - The Word 2, de 1975, en youtube
Categoría:Pianistas do Xapón