A Editorial Montaner y Simón foi unha das editoriais españolas máis importantes do seu tempo, tanto polo número e relevancia das obras publicadas como pola súa rápida expansión internacional por Hispanoamérica. Os apelidos dos socios, Ramon de Montaner i Vila e Francesc Simon i Font, deron nome á compañía, fundada en Barcelona en 1868. En 1886 a empresa e os talleres trasladáronse a un novo edificio deseñado polo arquitecto modernista Lluís Domènech i Montaner.

A pesar dunha traxectoria máis que centenaria, varios trazos permiten caracterizar o conxunto do labor editorial de Montaner e Simon: a predilección polas obras de gran envergadura, formadas por un número considerable de volumes, e un afán de excelencia tanto na redacción dos contidos e na ilustración dos libros como na calidade dos soportes físicos e da impresión. Con Ramon de Montaner como responsable da imprenta (que a finais do XIX daba traballo a 250 operarios) e Francesc Simon na dirección editorial, e con esta filosofía de ofrecer á burguesía acomodada produtos primorosos (tan caros que se podían pagar a prazos ou por entregas), Montaner y Simón converteuse en pouco tempo nunha das principais editoriais españolas e na que máis exportaba a América Latina: en 1884 xa abrira sucursais en trece países. miniatura|Primeiro volume do Diccionario Enciclopédico Hispano-Americano (1887)|alt=Primeiro volume do Diccionario Enciclopédico Hispano-Americano (1887)|esquerda|279x279pxA preferencia pola historia, a xeografía e a literatura é unha constante identificable nos seus catálogos; no de 1902, que contén uns corenta títulos, atopamos a Historia General de España (en 25 volumes), a Historia Universal (16 volumes), a Geografía Universal (22 volumes) e coidadosas edicións de obras mestras da literatura universal, como Don Quixote da Mancha de Miguel de Cervantes, O paraíso perdido de John Milton ou A divina comedia de Dante Alighieri. Desta etapa data o proxecto máis ambicioso da casa: o Diccionario Enciclopédico Hispano-Americano de Literatura, Ciencias y Artes (1887-1910), en 24 volumes e 5 apéndices. A partir de 1923, tras o falecemento dos fundadores, a sociedade pasou a mans dos herdeiros e novos accionistas, e con todo mantívose na mesma liña: edicións luxosas de obras monumentais. Na década de 1940, a firma entrou no negocio da edición de libros de bibliófilo, que requiría fortes investimentos; problemas de falta de pagamento en Latinoamérica provocaron a quebra e a adquisición da empresa polo editor hispanoamericano José María González Porto en 1952. González Porto tamén mantivo a liña editorial, publicando, entre outras obras, o Diccionario Literario de obras e personaxes (12 volumes), adaptación do Dizionario Letterario Bompiani. Despois da morte en 1975 de González Porto, a editorial cesou as súas actividades en 1981.

Notas

Categoría:Editoriais de Barcelona