Daniel "Dani" Requena Sánchez, nado en Cenes de la Vega o 12 de febreiro de 2004, é un futbolista español que xoga de centrocampista no Córdoba, da Segunda División, cedido polo Villarreal.

Traxectoria Formouse como futbolista nas canteiras de Sierra Nevada Cenes, Granada e Villarreal. Tras pasar polo Villarreal C e o Villarreal B, debutou co primeiro equipo na Primeira División o 25 de maio de 2025, na última xornada da tempada 2024/25 contra o Sevilla, substituíndo ao galego Denis Suárez no minuto 81.

Para a tempada 2025/26 foi cedido ao Córdoba, da Segunda División.

Notas

Categoría:Nados en 2004 Categoría:Nados na provincia de Granada Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Villarreal CF C Categoría:Xogadores do Villarreal CF B Categoría:Xogadores do Villarreal CF Categoría:Xogadores do Córdoba CF