Está é a etimoloxía dos topónimos dalgunhas cidades do mundo:

Nomes de persoa Nova York: polo Duque de York, futuro rei Xacobe II de Inglaterra. São Paulo: polo apóstolo San Paulo. Karachi : pola primeira moradora, unha vella pescadora, Mai Kolachee. Orlando: pola tumba atopada no lugar coa inscrición Orlando (Reeves).

Nomes relixiosos ou mitolóxicos Os Ánxeles: a vila de Nuestra Señora de los Ángeles de la Porciúncula. Bombai (Mumbai): por Mumbadevi, encarnación local da deusa nai hindú. Buenos Aires: cidade da Santísima Trinidad y puerto de Nuestra Señora del Buen Ayre.

Nomes tribais Cidade de México: pola tribo mexica dos aztecas. Delhi: polos Dhillon, clan Jat do norte da India e Paquistán. París: polos parisii, tribo gala que habitaba a rexión. Birmingham: fogar da tribo de Beorma (Beorma inga ham). Nottingham: fogar da tribo de Snot (Snot inga ham). Leeds: polo reino celta de Loidis onde se asentou a cidade.

Nomes topográficos e xeográficos Bruxelas: morada no pantano. Pequín: a capital do norte. Tokyo: capital do leste. Shanghai: sobre o mar. Hong Kong: porto fragrante. Istanbul: á cidade (eis tin polin, istinboli). Londres: asentamento no río amplo. Osaca: longa pendente. Manchester: cidade no outeiro con forma de seo. Liverpool: remanso de augas pantanosas.

Nomes preexistentes Moscova: polo nome do río xunto ao que se asenta. Shenyang: polo nome que tiña o río ao sur da cidade. Calcuta: polo nome dunha aldea no lugar (Kalilata). Miami: polo río xunto a cuxa desembocadura se asenta (Mayaimi, auga doce e grande). Tampa: polo nome do poboado dos indios Calusa (Tanpa, pau de fogo, lóstrego)

Nomes de plantas Manila: hay nilad, arbusto de mangleiral abundante na zona.

Nomes xerárquicos ou administrativos Seúl: capital. Kyoto: a capital.

Nomes conmemorativos Iacarta: gran vitoria. O Cairo: a triunfante.

Véxase tamén Lista de etimoloxías dos concellos de Galicia Etimoloxía dos elementos químicos

Categoría:Cidades Categoría:Etimoloxía Categoría:Toponimia