Marcos Nogueiras Rodríguez, nado en Vilela (Bande) en 1984, é un enxeñeiro industrial, gandeiro e político galego, alcalde de Vilar de Santos.
Traxectoria Estudou enxeñería industrial na Universidade de Vigo, e fixo un mestrado en Tecnoloxías e procesos avanzados. Logo comezou o doutoramento en Física aplicada, pero non o rematou. Tamén deu clase de física e química á rapazada.
Profesionalmente leva unha explotación agraria en Vilar de Santos. É responsable comarcal do BNG na Limia-Arnoia. Concelleiro nacionalista en Vilar de Santos desde 2023, en outubro de 2025 sucedeu a Rubén Colmenero na alcaldía, logo da dimisión deste por motivos persoais; primeiro foi alcalde en funcións, e desde mediados de novembro foino de pleno dereito ao ser elixido pola maioría dos concelleiros da corporación.
Notas
Categoría:Alcaldes de Vilar de Santos Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Nados en Bande Categoría:Nados en 1984 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes