1 peseta (1937) "1 Peseta Euzkadi". Numista.com260x260pxA/: Busto feminino cara á dereita con barrete frixio. Marca de gravador (AB). Lenda: · GOBIERNO · DE · EUZKADI ·R/: Valor facial e data en tres liñas, rodeado por coroa de loureiro. Valor: 1 peseta. Data de emisión: 1937. Período: II República Española (Goberno Vasco). Deseñador: Armand Bonnetain. Ceca: Real Casa da Moeda de Bélxica. Tiraxe: 6.000.000 exemplares. Metal: níquel. Diámetro: 22 mm. Grosor: 1,00 mm. Peso: 4,00 g. Canto: estriado.
A peseta vasca foi unha unha unidade monetaria de emerxencia utilizada polo primeiro Goberno Vasco en 1937, materializada en moedas e billetes de curso legal, coa mesma paridade da peseta republicana e co recoñecemento oficial do Banco de España.
O propósito da emisión foi garantir a circulación de moeda no territorio vasco, que estaba illado de boa parte do territorio da República Española por mor da guerra civil.
Coa caída de Bilbao en xuño de 1937, cesou a circulación desta moeda.
Contexto O Goberno do País Vasco, formado por representantes do PNV e da Fronte Popular, logrou a aprobación do Estatuto de Autonomía en outubro de 1936. Ao comezo da guerra civil, o Goberno central republicano quixo garantir a protección dos territorios vascos. Desde Gipúscoa ata Asturias, a liña costeira seguía en mans republicanas, mais completamente illada do seu territorio principal, e ata marzo de 1937, cando as forzas do xeneral Franco retomaron a súa ofensiva, a fronte mantívose estable. Nesta conxuntura de illamento, o Goberno Vasco, ademais de determinar a emisión de moeda para poder garantir o mantemento das transaccións comerciais, distribuíu pasaportes, reorganizou o sistema xudicial, estableceu delegacións no estranxeiro e organizou un exército de 40.000 soldados, entre outras medidas."Euskal pezeta isolatuak". En Argia. 24 de outubro de 2016.
Historia En outubro de 1936, en Bilbao, dúas semanas despois de que José Antonio Aguirre fose nomeado presidente, o Departamento de Facenda do Goberno Vasco, dirixido por Eliodoro de la Torre, aprobou un decreto idéntico ao xa aprobado polo Comité de Defensa de Biscaia en agosto, mediante o que se ordenaba a emisión de diñeiro, coa garantía dos fondos depositados no Banco de España. Pretendíase con esa medida garantir a circulación do diñeiro, xa que existía unha tendencia a acaparalo nas zonas de guerra. Dese decreto extraese o seguinte fragmento:
Moedas 2 pesetas de 1937 "2 Pesetas Euzkadi". Numista.com280x280pxA/: Busto feminino cara á dereita con barrete frixio. Marca de gravador (AB). Lenda: · GOBIERNO · DE · EUZKADI ·R/: Valor facial e data en tres liñas, rodeado por coroa de loureiro. Valor: 2 pesetas. Data de emisión: 1937. Período: II República Española (Goberno Vasco). Deseñador: Armand Bonnetain. Ceca: Real Casa da Moeda de Bélxica. Tiraxe: 2.000.000 exemplares. Metal: níquel. Diámetro: 26 mm. Grosor: 2,00 mm. Peso: 8,50 g. Canto: estriado.
Con base no establecido naquel decreto, aprobouse outro con data 23 de febreiro de 1937, polo que ordenaba a cuñaxe de moedas de níquel, cunha boa calidade de cuñaxe, de unha e dúas pesetas:"Departamento de Hacienda. Decreto / Ogasun Zaingoa. Oroagindua". Diario Oficial del País Vasco. 17 de marzo de 1937. Páx. 1.300.
A produción destas moedas encomendóuselle á Real Casa da Moeda de Bélxica,"Dinero de necesidad › País Vasco, Región Autónoma de • Peseta (1936-1939)". Numista.com que competiu para acadar a concesión coa Monnaie de París. Pola súa banda, da elaboración dos discos sobre os que cuñar as moedas encargouse a compañía S.A. des Usines à Cuivre et à Zinc de Liège, en Chenée, un distrito da cidade belga de Liexa. O encargado das xestións foi o representante do exilio republicano en París Rafael Picavea.
Do seu deseño, idéntico para as dúas moedas, encargouse o escultor e gravador Armand Bonnetain, e os cuños para a produción das moedas foron gravados por Alexandre Everaerts, daquela xefe do departamento de gravado da ceca pública belga. No seu anverso presentaban un busto feminino adornado co barrete frixio, como símbolo da liberdade, rodeado pola lenda GOBIERNO DE EUSKADI; e no reverso amosaban a expresión do seu valor facial e a súa data (1937), todo rodeado por unha coroa de loureiro.
A cuñaxe da moeda realizouse en soamente sete semanas e o custo da produción foi de 2.125.000 francos, dos que a metade se pagou por adiantado e a outra metade logo da súa entrega. Esta entrega produciuse en dous lotes separados: a maior parte das moedas de dúas pesetas, cun peso de dez toneladas, trasladouse o 11 de febreiro de 1937 por ferrocarril ata Tolosa, e o resto enviouse por barco desde o porto de Anveres ata Bilbao."Las Monedas de Euzkadi de 1937". Ruiz Calleja (Blognumismatico.com). 23 de novembro de 2012.
A única diferenza entre elas radica nas súas dimensións: a moeda dunha peseta tiña 22 milímetros de diámetro e pesaba 4 gramos, en tanto que a de dúas pesetas medía 26 milímetros e pesaba 8 gramos. Cuñáronse seis millóns de exemplares da primeira e dous millóns a segunda. Coñécese tamén a intención de emitir unha nova moeda co valor facial de cinco pesetas, aínda que a derrota republicana na guerra frustrou este proxecto.
Papel moeda Anteriormente xa se produciran emisións de papel moeda por parte de nove bancos e caixas de aforros, que se caracterizaban pola súa mala calidade e non gozaban do aval do Banco de España. Un novo decreto, do 17 de abril de 1937, establecía que se emitisen 130 millóns de pesetas en novos billetes para substituír aqueles que estaban en circulación. Estes novos billetes amosan nos seus reversos diversas escenas tradicionais vascas, obra do artista bilbaíno Nicolás Martínez Ortiz de Zárate, un dos mellores cartelistas da época."Martínez Ortiz de Zárate, Nicolás". Auñamendi Eusko Entziklopedia (Aunamendi.eusko-ikaskuntza.eus). Emitíronse con valores faciais de 5, 10, 25, 50 e 100 pesetas, e preparáronse tamén billetes de 500 e de 1.000 pesetas que non chegaron a circular dado o avance da guerra. Estes billetes coñecéronse popularmente como heliodoros, en referencia ao titular de Facenda do Goberno Vasco."Los billetes de Nicolás Martínez Ortiz de Zárate". Historias de Arte y Guerra (Historiasdearteyguerra.blogspot.com). Da produción dos billetes encargouse a compañía Huecograbado Arte y Editorial Vasca S.A., de Bilbao.
Na parte superior dos seus anversos, os billetes amosan a inscrición EL BANCO DE ESPAÑA, en sinal do aval do banco central da República. No entanto, a emisión correspondeulle a diversos bancos privados e caixas de aforros, que foron os seguintes: Banco de Bilbao, Caja de Ahorros y Monte de Piedad Municipal de Bilbao, Caja de Ahorros Vizcaína, Banco Central, Banco del Comercio, Banco Guipuzcoano, Banco Hispano Americano, Banco Urquijo Vascongado e Banco de Vizcaya. En cada billete aparece inscrito no anverso o nome da entidade bancaria emisora."Dinero de necesidad › Vizcaya, Provincia de › Bilbao, Municipio de • Peseta (1936-1939)". Numista.com
Billetes da peseta vascaImaxeValor nominalDimensiónsDescrición do reversoData de emisiónAnversoReverso115x115px115x115px5 pesetas"5 Pesetas Banco de España - Bilbao". Numista.com98 × 54 mmPastor de ovellas vasco con bastón.1 de xaneiro de 1937120x120px120x120px10 pesetas"10 Pesetas Banco de España - Bilbao". Numista.com110 × 60 mmUniversidade Pontificia de Oñati.125x125px125x125px25 pesetas"25 Pesetas Banco de España - Bilbao". Numista.com120 × 680 mmTraballadores do metal nuns altos fornos.130x130px130x130px50 pesetas"50 Pesetas Banco de España - Bilbao"
. Numista.com130 × 77 mmMariñeiros vascos e muller cun recipiente na cabeza.135x136px135x135px100 pesetas"100 Pesetas Banco de España - Bilbao". Numista.com140 × 87 mmLabrego con xugada de bois.140x140px140x140px500 pesetas"500 Pesetas Banco de España - Bilbao". Numista.com150 × 95 mmVista da ponte de Deusto.145x145px145x145px1.000 pesetas"1000 Pesetas Banco de España - Bilbao". Numista.com160 × 106 mmTraballadores na industria.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Aledón Cuesta, J. M. (2002). Historia de la peseta. Real Casa de la Moneda. FNMT, Madrid. ISBN 978-84-922658-2-4
Outros artigos Peseta Lista das moedas de peseta de España Selo-moeda da Segunda República Española
Categoría:Peseta Categoría:Segunda República Española Categoría:Segunda República Española Categoría:Guerra civil española Categoría:Economía do País Vasco Categoría:Historia do País Vasco