Morraoconto é unha compañía galega emerxente de teatro e danza con sede en Ames. Traxectoria Foi creada en Santiago de Compostela en 2021 por Miguel Gendre, Rafa R. Martínez e Lara Pouso tras un traballo común para o festival USCénica. A experimentación, a liberdade creativa e a divulgación son os piares fundamentais da compañía.
En 2025, tras catro anos de traballo, debutaron con TROMSØ, escrito e dirixido por Rafa R. Martínez e coa axuda á nova creación escénica da AGADIC. Para esta peza contaron coa actriz Lidia Veiga, con Esther Latorre no apartado coreográfico e de movemento, José Faro "Coti" no deseño de iluminación, Ana Gesto no vestiario, e coa pianista Julia Ammerman e a violonchelista Lucía Iglesias na música en directo. A montaxe de TROMSØ levouse a cabo nos meses de febreiro e marzo de 2025 entre os concellos de Santiago de Compostela, Arzúa e Ames. Estreouse o venres 21 de marzo dese mesmo ano na Casa da Cultura do Milladoiro.
TROMSØ é un proxecto multidisciplinar que mestura teatro, danza, máscaras, videoproxeccións e música en directo. A obra presentouse no 2025 en trece concellos de Galicia.
Montaxes TROMSØ (2025)
Notas
Categoría:Compañías de teatro de Galicia