Octavio César Gil Farrés, nado en Madrid o 22 de novembro de 1916 e finado na mesma cidade o 25 de outubro de 1992, foi un historiador, arqueólogo e numismático español, vinculado profesionalmente ao Museo Arqueolóxico Nacional.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Octavio Gil Farrés naceu en novembro de 1916 en Madrid,Galán, E. "Octavio César Gil Farrés". Museo Arqueológico Nacional (MAN.es). fillo de Julita Farrés García e de Ramón Gil Miquel, tamén conservador do Museo Arqueolóxico Nacional (MAN).Alfaro Asins, C.; Otero, P. (1993): Páxina 131. A súa familia proviña de Barcelona e asentárase pouco antes en Madrid, a onde fora destinado o seu pai.Galán Domingo, E. (2019). Páxina 641.

Cursou os seus estudos universitarios de Filosofía e Letras na Universidade de Valencia, e especializouse na sección de Historia. En datas posteriores chegou a elaborar unha tese de doutoramento, baixo a dirección de Manuel Gómez Moreno, titulada Igrexas románicas de Segovia. Malia concluír este traballo en 1949, non chegou a defendelo na Universidade.

Carreira profesional e erudita Logo da súa etapa formativa, en 1944 ingresou por oposición no corpo de arquiveiros, bibliotecarios e arqueólogos, e inmediatamente foi nomeado director dos Museos de Mérida e Badaxoz, un cargo que exerceu de xeito efémero, xa que en 1945 acadou, mediante permuta, un posto na sección de Prehistoria e Historia Antiga do Museo Arqueolóxico Nacional, onde tomou posesión o 27 de febreiro. Ao longo das décadas seguintes, Gil Farrés alternou a súa actividade no MAN entre a sección de Prehistoria e Historia Antiga e a de Numismática, e xa a partir de 1982 foi nomeado conservador da Sección de Ibérico e Colonizacións, posto que mantivo ata a súa xubilación o 1 de xaneiro de 1985.Alfaro Asins, C.; Otero, P. (1993). Páxina 132.Galán Domingo, E. (2019). Páxinas 641-647.

A partir do seu ingreso no MAN, Gil Farrés participou en diversas escavacións arqueolóxicas e en 1947 foi nomeado colaborador na sección de Numismática do Instituto Diego Velázquez de Arte e Arqueoloxía, do CSIC. Tamén dentro do CSIC, Farrés colaborou co Instituto Antonio de Agustín de Numismática a partir da súa creación en 1951, e foi o secretario da súa revista, Numario Hispánico, entre os anos 1952 e 1967, onde publicou boa parte dos seus traballos sobre numismática. En 1956 pasou dous meses desenvolvendo un traballo no Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia grazas a unha bolsa formativa.

O seu recoñecemento no terreo da numismática a nivel internacional produciuse a partir da súa elección en 1953 como secretario adxunto da Comisión Internacional de Numismática, que se produciu no marco do Congreso Internacional de Numismática celebrado aquel ano en París.Galán Domingo, E. (2019). Páxina 643. Acompañábano no comité de dirección figuras tan eminentes como Jean Babelon na presidencia e C.H. V. Sutherland na vicepresidencia da Comisión. Gil Farrés ocupou a secretaría adxunta ata 1961.

En 1955 acadou o primeiro premio no concurso numismático convocado pola Sociedade Iberoamericana de Estudos Numismáticos, co seu traballo "Estudo crítico das primitivas cuñaxes navarras e aragonesas",Galán Domingo, E. (2019). Páxinas 643-644. publicado ese ano na revista Numisma.

Paralelamente ao seu labor museístico, Gil Farrés exerceu tamén a docencia, como profesor de prácticas na cátedra de Numismática e Epigrafía da Universidade de Madrid. Igualmente, impartiu a materia de Numismática Medieval e Española na efémera Escola da Biblioteca Nacional, desde 1953 ata 1961.Galán Domingo, E. (2019). Páxina 644.

Entre 1970 e 1982, abandonou temporalmente a súa vinculación ao MAN para ocupar, en comisión de servizos, a dirección do desaparecido Museo Nacional de Etnoloxía.Galán Domingo, E. (2019). Páxinas 64-646.

Entre outras entidades académicas e sociedades eruditas, en 1965 Gil promoveu a creación e presidiu a Asociación Numismática Madrileña,Galán Domingo, E. (2019). Páxina 645. e foi elixido membro correspondente de entidades estranxeiras como Asociación dos Arqueólogos Portugueses ou a Sociedade Suíza de Numismática.

En 1978 foi recoñecido pola Asociación Numismática Española co seu premio Javier Conde Garriga, pola publicación da segunda edición do seu libro Historia de la moneda española en 1976."Ganadores del premio Javier Conde Garriga". Asociación Numismática Española (Numisane.org).

Vida persoal Octavio Gil farrés estivo casado con M.ª Luisa Simón Ciancas, con quen non tivo descendencia.

Gil finou en Madrid o 25 de outubro de 1992, aos 75 anos.

Publicacións

A obra de Gil Farrés supera o cento de referencias, entre artigos, libros, recensións bibliográficas, crónicas e informes arqueolóxicos etc. Tamén se ocupou da redacción de diversas entradas relacionadas coa prehistoria, a arqueoloxía e a numismática en enciclopedias como a publicada por Revista de Occidente ou a de Cultura Española.Alfaro Asins, C.; Otero, P. (1993). Páxinas 132-134."Publicaciones seleccionadas de Octavio Gil Farrés". En Galán Domingo, E. (2019). Páxinas 646-647.

Escolma de monografías (1959). Historia de la moneda española. Madrid [2ª ed. en 1976]. (1966). La moneda hispánica en la Edad Antigua. Madrid (1974). Historia universal de la Moneda. Prensa Española, Madrid. ISBN 978-8428702744 (1993). Introducción a la Numismática (con J. Pellicer). Asociación Numismática Española / Museo Casa de la Moneda, Barcelona/Madrid [2ª ed. 2001]. ISBN 9788493013431

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Alfaro Asins, C.; Otero, P. (1993). "In Memoriam Octavio Gil Farrés (1916-1992)" ". BMAN. 11. Páxinas 131-134. Galán Domingo, E. (2019). "Octavio César Gil Farrés (1916-1992)". En 150 años de una profesión: de anticuarios a conservadores. Ministerio de Cultura y Deporte, Madrid. Páxinas 640-648. ISBN 9789200145643

Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 1992 Categoría:Historiadores de España Categoría:Numismáticos de España Categoría:Arqueólogos de España Categoría:Alumnos da Universidade de Valencia Categoría:Profesores da Universidade Central de Madrid Categoría:Arquiveiros Categoría:Científicos do CSIC Categoría:Directores de museos Categoría:Museo Arqueolóxico Nacional de España