Teresa Peramato Martín, nada en Salamanca o 12 de novembro de 1962, é unha fiscal española. Cunha longa traxectoria no ámbito da violencia de xénero, está considerada como unha das maiores expertas en loita contra a violencia sobre a muller de España. Na actualidade é a Fiscal Xeral do Estado.

Traxectoria Licenciada en Dereito pola Universidade de Salamanca, Peramato incorporouse á Fiscalía en 1989. Ocupou postos nas fiscalías das Audiencias Provinciais de Tenerife e Valladolid, e nas fiscalías dos Tribunais Superiores de Xustiza de Cataluña e Madrid. Exerceu como fiscal delegada da Xefatura da Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid para a Sección de Violencia sobre a Muller e como fiscal adscrita á Fiscalía da Sala Contra a Violencia sobre a Muller da Fiscalía Xeral do Estado, así como fiscal ante o Tribunal Constitucional.

Foi membro do Grupo de Expertos do Observatorio Estatal sobre a Violencia contra a Muller, que elaborou o seu Primeiro Informe Anual. Tamén foi presidenta da Unión Progresista de Fiscais tempo durante o cal defendeu unha maior autonomía para o ministerio fiscal.

En maio de 2021 foi nomeada fiscal de Sala contra a Violencia sobre a Muller e, catro anos máis tarde, en xaneiro de 2025, fiscal de Sala xefa da Sección Penal da Fiscalía do Tribunal Supremo.

O 25 de novembro de 2025 o Consello de Ministros propuxo a Teresa Peramato como fiscal xeral do Estado logo da dimisión de Álvaro García Ortiz, que acababa de ser condenado por un delito de revelación de segredos.

Recoñecementos

2010 - Orde do mérito policial. 2016 - Recibió la Orden del mérito de la Guardia Civil.

2018 - Premio Igualdade Alicia Salcedo do Ilustre Colexio de Avogados de Oviedo. 2021 - Premio Igualdade Beatriz Galindo do Ilustre Colexio de Avogados de Salamanca. 2021 - Recibiu un dos galardóns outorgados polo Ministerio de Igualdade para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, 25-N.

Notas

Categoría:Nados en Salamanca Categoría:Nados en 1962 Categoría:Fiscais Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca Categoría:Fiscais xerais do Estado (España)