Ferdinand Chalandon, nado en Lión o 10 de febreiro de 1875 e finado en Lausana o 31 de outubro de 1921, foi un historiador e numismático francés.Schipa, M. (1931).

Traxectoria

Primeiros anos e formación Ferdinand Chalandon naceu o 10 de febreiro de 1875 en Lión. Nesa cidade comezou a súa educación, que logo continuou en París, no Lycée Louis-le-Grand, onde se licenciou en Historia en 1895. Despois ingresou na École des Chartes e en 1897 acadou o diploma de altos estudos, e en febreiro de 1899 o de arquivista-paleógrafo.Pernot, M. (1921). Páxina 333. A modo de tese de graduación, en 1900 presentou un traballo sobre o reinado de Aleixo I Comneno,Pernot, M. (1921). Páxina 335. que lle valeu o premio Bordin da Académie des Inscriptions et Belles-Lettres.Schlumberger, G. (1921). Páxina 446.

Traxectoria profesional e erudita Logo do seu período formativo, trasladouse a Italia e ingresou na Escola Francesa de Roma. Durante os seus anos alí realizou múltiples viaxes polo país, sinaladamente por Nápoles, Calabria, Apulia e Sicilia, na procura de documentos para as súas investigacións, que deron lugar ás primeiras publicacións en Mélanges de l'Ecole de Rome.Pernot, M. (1921). Páxina 334.

De volta a París, publicou en 1903 e en 1907 senllos traballos acerca da numismática e a sociedade da época normanda en Sicilia, sobre a base da documentación que levara de Italia, o que o fixo merecedor do Premio Gobert, da Académie des inscriptions et belles-lettres, en 1909. Nos anos seguintes publicou diversos traballos sobre o Oriente latino, as Cruzadas e a historia medieval, sinaladamente dos normandos e dos bizantinos, varios dos cales ficaron inconclusos pola súa morte temperá.

En 1912, Chalandon acompañou a Maurice Pernot nunha misión arqueolóxica que os levou durante seis meses a Constantinopla, Tracia, Exipto, Palestina, Siria, Alepo, Bagdad e Beirut.Pernot, M. (1921). Páxina 336.Schlumberger, G. (1921). Páxina 447.

Ferdinand Chalandon finou en Lausana o 31 de outubro de 1921, aos 45 anos, vítima dunha doenza, contraída durante a primeira guerra mundial.

Publicacións

Escolma de monografías

(1900). Essai sur le règne d'Alexis Ier Comnène (1081-1118). A. Picard, París (1900). "La diplomatique des Normands de Sicile et de l'Italie méridionale". En Mélanges d'archéologie et d'histoire de l'École française de Rome. 20. Páxinas 155-197. (1903). Numismatique des Normands en Sicile, 1903. (1907). Histoire de la domination normande en Italie et en Sicile. Tomo I; Tomo II. A. Picard, París. (1912). Jean II Comnène, 1118-1143, et Manuel I Comnène, 1143-1180. A. Picard, París. (1925). Histoire de la Première Croisade jusqu'à l'élection de Godefroi de Bouillon, A. Picard, París.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Pernot, M. (1921). "Nécrologie: Ferdinand Chalandron (1875-1921)". En Mélanges de l'école française de Rome. 39. Páxinas 333-337. Schipa, M. (1931). "Chalandon, Ferdinand". En Enciclopedia Itraliana. Schlumberger, G. (1921). "Nécrologie: Ferdinand Chalandon". En Bibliothèque de l'École des chartes. 82. Páxinas 446-447.

Categoría:Nados en 1875 Categoría:Finados en 1921 Categoría:Nados en Lión Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Historiadores de Francia Categoría:Escritores de Francia Categoría:Alumnos da École des Chartes Categoría:Medievalistas