Amable Fernández Basalo, é un político do PSdeG-PSOE, que foi alcalde de Manzaneda.
Traxectoria Amable Fernández presentouse como candidato do PSdeG-PSOE nas elecccións municipais de 2015 e nas que sacou a única acta de concelleiro do seu partido. Nas eleccións de 2019, converteuse en alcalde cos 3 votos do seu partido, que foi o máis votado e o apoio de Son de Manzaneda (2).
Nas eleccións municipais de 2023, revalidou a alcaldía ao conseguir a maioría absoluta ao acadar 5 edís, fronte aos 2 do PP. Porén, dous anos máis tarde, en novembro de 2025 o PPdeG presentou unha moción de censura co apoio de dous tránsfugas e ex-edís do PSdeG contra el e o 24 de novembro Pedro Yáñez, o cabeza de lista do PPdeG, foi elixido novo alcalde.
Notas
Categoría:Alcaldes de Manzaneda Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia