Xosé Manuel González Barreiro, máis coñecido como Oli, nado en Cangas de Morrazo en decembro de 1960, é un mestre, tradutor e escritor de literatura infantil galego.

Traxectoria

Estudou maxisterio. Exerceu de mestre e participou na Nova Escola Galega.

Desde a súa fundación formou parte do proxecto editorial de Kalandraka, na que foi co-director da colección Seteleguas e dirixiu Demademo. Creou a colección O parrulo de Ir Indo edicións. Colaborou nas páxinas de literatura infantil da Revista Galega de Educación e na Revista Galega de Dialectoloxía.

Traduciu a Maurice Sendak, Leo Lionni, André François, David McKee ou Arnold Lobel.

Obras

Este é o medo (1992). Vigo: Ir Indo. Ilustracións de Pepe Carreiro. ISBN 978-84-7680-092-8. Iria e a lua (1997). Vigo: Xerais. Ilustracións de Fino Lorenzo. ISBN 9788483029350, 2003. O Pirata Pata de Lata (1998). Pontevedra: Kalandraka. Ilustracións de Ramón Trigo. Galego, portugués, castelán. ISBN 978-84-8464-679-2. Aníbal quere encoller (2001). Vigo: Xerais. Ilustracións de Ramón Trigo. ISBN 9788483026243. Once damas atrevidas (2001). Pontevedra: Kalandraka. Ilustracións de Helle Thomassen. Galego, portugués, castelán, catalán. ISBN 978-84-8464-086-8. Conto para non comer (2005). Vigo: Galaxia. Ilustracións de Andrés Meixide. ISBN 9788482888637. Leocadio, o león (2009). Vigo: Xerais. Ilustracións de Teresa Novoa. ISBN 978-84-9914-009-4. Artur (2011). Pontevedra: Faktoría K de libros. Ilustracións de Mark Taeger. Galego, portugués, castelán, éuscaro, catalán, italiano, inglés e coreano. ISBN 978-84-8464-388-3. O rato avó e o muraño (2015). Vigo Xerais. Ilustracións de Ramón Trigo. ISBN 978-84-9914-918-9. Os ratos da casa (2015). Pontevedra: Kalandraka. Ilustracións de Natalia Colombo. Galego, castelán, éuscaro, francés e chinés. ISBN 978-84-8464-466-8. Ratos de viaxe (2019). Pontevedra: Kalandraka. Ilustracións de Natalia Colombo. Castelán, galego, éuscaro. ISBN 978-84-8464-464-4. O elefante perdeu a memoria (2021). Oqueleo. Ilustracións de Chus Rojo. ISBN 9788416834327. Ratos na escola (2021). Pontevedra: Kalandraka. Ilustracións de Natalia Colombo. Castelán, galego, éuscaro. ISBN 978-84-1343-091-1.

Notas

Categoría:Nados en Cangas de Morrazo Categoría:Nados en 1960 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Literatura infantil e xuvenil