Caio Octavio ou Gaio Octavio (en latín: Gaius Octavius) foi un oficial militar romano activo durante o século III a. C. Pertencía á gens Octavia.
Traxectoria Fillo do ecuestre Caio Octavio e neto do cuestor Cneo Octavio Rufo, foi pai do funcionario municipal Caio Octavio e bisavó do emperador Augusto (reinado do 27 a. C. - 14). Cando Marco Antonio intentou expresar o seu desprezo por Augusto, afirmou que Caio Octavio fora un liberto e un cordeleiro (fabricante de cordas).Smith (1870), p. 9
Durante a Segunda Guerra Púnica, Caio Octavio serviu como tribuno militar e participou na desastrosa batalla de Cannas, sendo un dos poucos superviventes. Cando os cartaxineses estaban a atacar o campamento romano, Caio Octavio e o seu compañeiro tribuno Sempronio Tuditano conseguiron abrirse paso entre o inimigoBroughton (1951), p. 251 e chegaron san e salvo a Canusium. Tamén serviu en Sicilia baixo o mando do pretor Lucio Emilio Papo, mais descoñécese se participou noutras expedicións.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Gens Octavia Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades da Roma antiga do século -III