Lo-Fi-Fnk é un grupo sueco de música electrónica. A banda foi fundada no ano 2001. Maila non existir anuncio de disolución da banda, non publican material novo desde o ano 2012. .

Traxectoria

Aínda no instituto de Malmö en 2001 o dúo fundador , Leo e August reúnense para comezar ensaios caseiros dunha electrónica adxectivada coma de estilo indie e desenfadada emulando o que imaxinaban que acontecia dentro das discotecas locais ás que aínda non tiñan acceso por regulacións urbanas. Do traballo xorde o EP autoeditado "We Is" e un segundo "(... And The JFG?)" este editado polo selo sueco La Vida Locash que se rotan nas emisoras de radio escandinavas. Coa sona crecente son invitados á televisión local Öppna Kanalen.

O álbum de estrea de Lo-Fi-Fnk, "Boylife", foi publicado en 2006 por Moshi Moshi Records (RU, EUR, EUA), Speak N Spell (Australia, NZ) e La Vida Locash (Escandinavia).

En 2008, Lo-Fi-Fnk contribuíu co tema "Want U", que se converteu na primeira canción da Kitsuné Maison Compilation #6. En 2010, o grupo auto-filtrou unha nova canción, "Marchin' In", a través da súa páxina de Facebook e, máis tarde ese mesmo ano, publicaron o sinxelo "Sleepless / Layin' Lo" na serie Moshi Moshi Singles.

En xuño de 2011 sae á luz o novo sinxelo "Boom". A banda tamén anunciou no seu sitio web o título do novo álbum: "The Last Summer", finalmente saído ao mercado en 2012.

Membros

Leo "Olja" Drougge August "Benni" Hellsing Maja Gödicke

Notas

Ligazóns externas Un programa de televisión local gravado na canle pública de Estocolmo, Öppna Kanalen, na primavera de 2003. Os xoves August e Leo interpretan unha das súas primeiras cancións, "Springsteen".

Categoría:Grupos musicais de indietrónica Categoría:Grupos musicais de Suecia Categoría:Grupos musicais formados en 2001