miniatura|A cadeira da noiva. A cadeira da noiva é un diagrama xeométrico que ilustra o Teorema de Pitágoras e que é usado en diversas probas do mesmo, tamén coñecido polos nomes de cola do pavo real, ou muíño de vento, entre outros.

Nome O nome da figura é desconcertante e ten a súa orixe nunha tradución errónea da palabra grega νυμφη arredor do século XIII, que significa tanto insecto alado como noiva, sendo este último significado o que escolleron tradutores árabes como Behâ Eddîn.

Xeneralizacións Euclides fixo uso deste diagrama na súa proba do Teorema de Pitágoras (Elementos I. 47), e posteriormente xeneralizouna substituíndo os cadrados con outras figuras. Pola súa banda, o xeómetra Pappus substituíu os cadrados por paralelogramos. Tamén se poden poñer polígonos con tal de que sexan semellantes.

Outra xeneralización consiste en substituír o triángulo rectángulo por un triángulo arbitrario dando orixe á configuración Vecten, nomeada así por un matemático francés do que non se coñecen moitos datos persoais (mesmo se descoñece o seu primeiro nome) aínda que se sabe que foi Professeur de mathématiques spéciales no Lyceé de Nîmes entre 1810 e 1816 e que publicou unha vintena de artigos na revista Annales de Gergonne.

Finalmente, existe unha xeneralización a tres dimensións, onde se considera un tetraedro no que 3 caras sexan perpendiculares entre si. Nesta figura, o cadrado da área da cara oposta aos ángulos rectos é igual á suma dos cadrados das áreas das demais caras.

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Xeometría