Frank Henry Norton, nado Hingham, Massachusetts, o 20 de marzo de 1836 e finado en 1913"Frank Henry Norton (1836-1913) ". Emuseum.nyhistory.org ou en 1921,"Norton, Frank H. (Frank Henry), 1836-1921". Id.worldcat.org foi un numismático estadounidense.

Traxectoria Norton naceu en Hingham, Massachusetts, o 20 de marzo de 1836.Smith, P. (2025).

A súa carreira profesional estivo sempre relacionada cos libros, primeiro como empregado na libraría do seu irmán e a partir de 1855 no cadro de persoal da Biblioteca Astor como bibliotecario asistente. En 1865 pasou a ocupar o posto de bibliotecario xefe na biblioteca mercantil de Brooklyn.

Paralelamente, Norton contribuíu con máis de 1.700 artigos na National Cyclopedia of American Biograph, e foi dramaturgo e autor de varias obras biográficas. No ámbito da prensa, foi propietario e editor do New York Era de 1879 a 1881, e incorporouse ao Herald en 1883.

Ademais, Norton foi un reputado numismático e formou parte da American Numismatic Society desde os primeiros anos da súa fundación. Entre o 11 de marzo de 1864 e o 25 de abril de 1867 exerceu como o terceiro presidente da entidade, en substitución de Robert J. Dodge."Presidents and Chairmen of the American Numismatic Society". American Numismatic Society (Numismatics.org). Durante o seu mandato, a sociedade publicou o primeiro número do American Journal of Numismatics. Precisamente unha disputa sobre a publicación deste xornal foi a orixe da súa dimisión como presidente da ANS.Smith, P. (2025). "Ten Eyck, Elisha Y(oungs)". En American Numismatic Biographies. Páxina 420.

Segundo as fontes, Frank Henry Norton finou en 1913 ou en 1921.

Publicacións Esta é unha escolma dalgúns dos traballos máis representativos da traxectoria de Frank H. Norton:Catalogue of the Astor Library (continuation). Autors and books L-Q. Riverside Press, Cambridge. 1887. Páxina 2.870."Frank H. Norton". The Online Books Page (Onlinebooks.library.upenn.edu). (1866). "Numismatics and archaeology considered as aids to history". En American Journal of Numismatics. Vol. I. Nº 1. Páxinas 5-8. (1867). Journal kept by Hugh Finlay, surveyor of post roads on the continent of North America. Brooklyn. (1877). Frank Leslie's historical register of the United States Centennial Exposition, 1876. Frank Leslie, Nova York. (1879). Illustrated Historical Register of the Centennial Exhibition, Philadelphia, 1876, and of the Exposition Universelle, Paris, 1878. The American News Company, Nova York. (1879). The rights and wrongs of labor, past and present. The American News Company, Nova York. (1880). Life and public services of Winfield Scott Hancock. Appleton & Co., Nova York. (1883). Paul Gustave Doré. Elzevir Library. (1883). The life of Alexander H. Stephens. J. B. Alden, Nova York. (1883). The Days of Daniel Boone. Romance of "The Dark and Bloddy Ground". The American News Company, Nova York.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Adelson, Howard A. (1958). The American Numismatic Society, 1858-1958. American Numismatic Society. Nova York.

Smith, P. (2025). "Norton, Frank Henry". En American Numismatic Biographies. Páxina 322.

Categoría:Nados en 1836 Categoría:Finados en 1921 Categoría:Nados en Massachusetts Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:American Numismatic Society Categoría:Bibliotecarios