Charles Edward Anthon, nado en Nova York o 6 de decembro de 1822 e finado en Bremen, Alemaña, o 7 de xuño de 1883, foi un profesor universitario e numismático estadounidense.

Traxectoria Primeiros anos e formación Charles E. Anthon naceu en Nova York o 6 de decembro de 1882,W. T. R. M. (1883). Páxina 22.Smith, P. (2025). Páxina 15. un dos cinco fillos de Judith Hone (1792-1875) e do avogado John Anthon (1784-1863)."Charles Edward Anthon". Findagrave.com

Graduouse en Dereito en 1839 na Universidade Columbia, onde o seu tío Charles Anthon era profesor de Grego.

Carreira académica Logo da súa graduación pasou varios anos en Europa, ampliando a súa formación e viaxando, e á súa volta aos Estados Unidos asumiu a cátedra de Historia no St. John's College en Annapolis, Maryland. En 1852 foi nomeado profesor de Historia e Letras no College of the City de Nova York, aínda que ao pouco tempo a súa mala saúde o obrigou a exercer as súas funcións só a tempo parcial.

Malia as dificultades que a súa saúde lle supuñan para o exercicio do seu labor docente, o St. John's College outorgoulle xa en 1853 o título honorario de Master of Arts, e en 1886 o College of the City concedeulle o doutoramento en Dereito.W. T. R. M. (1883). Páxinas 22-23.

Eminente numismático Paralelamente á súa dedicación profesional, Anthon sentiuse atraído pola numismática desde a súa xuventude, e chegou a compor unha valiosa colección de moeda estadounidense, con varias pezas únicas e de extremada rareza, cuxa primeira constancia se remonta a unha compra de moedas nunha poxa da casa Chilton en marzo de 1865.W. T. R. M. (1883). Páxina 23.

En 1866 ingresou na American Numismatic Society (ANS), de Nova York, onde exerceu o cargo de secretario do 29 de marzo de 1867 ao 26 de marzo de 1868. Deixou este cargo para asumir interinamente a presidencia da entidade durante uns meses en 1867 en tanto que non se escollía un sucesor logo da dimisión de Frank H. Norton. Anthon exerceu novamente a presidencia en dúas ocasións, xa por elección: o primeiro mandato foi do 25 de marzo de 1869 ao 24 de marzo de 1870, e o segundo mandato do 27 de marzo de 1873 ata o seu falecemento en 1883."Presidents and Chairmen of the American Numismatic Society". American Numismatic Society (Numismatics.org). As súas contribucións no xornal da ANS, American Journal of Numismatics, do que Anthon foi editor entre 1867 e 1870, foron frecuentes durante a súa presidencia.

A American Numismatic Society emitiu en 1884 unha medalla na honra de Anthon logo do seu falecemento, deseñada por Lea Ahlborn, da Real Casa da Moeda de Suecia."Charles Edward Anthon Medal by Lea Ahlborn". Medallicartcollector.com

A colección numismática Anthon miniatura|Catalogue of the Late Professor Anthon's Numismatic Cabinet. Part 1: Comprising Coins and Medals of the British Empire. Bangs & Co., Nova York, 1879. Nos seus derradeiros anos de vida, catalogou a súa colección en varios volumes, coa intención de ir sacando a poxa as súas moedas, o cal só puido facer parcialmente antes do seu falecemento. En concreto, durante a súa vida celebráronse tres poxas cos catálogos preparados por el, entre 1879 e 1882, e logo do seu pasamento tiveron lugar dúas poxas adicionais, con catálogos confeccionados por Gaston Feuardent e Edward Cogan. Todas estas poxas foron xestionadas pola casa Bangs & Co. de Nova York.Smith, P. (2025). Páxinas 15-16.

Catalogue of the Late Professor Anthon's Numismatic Cabinet. Bangs & Co., Nova York. (1879). Part 1: Comprising Coins and Medals of the British Empire. (1880). Part 2: Comprising Coins and Medals of France, Belgium, Switzerland, Spain, Portugal, and Italy. (1883). Part 3: Comprising Coins and Medals of Russia, Poland, Modern Greece, Germany, Denmark, Sweden, and Holland. (1884). Part 4: Antique Coins or Spain, Gaul, Magna-Graecia, Greece, Asia-Minor, Egypt and Africa; also of Rome under its Kings, Republic and Emperors. (1884). Part 5: Comprising Coins and Medals in Gold, Silver, and Copper, of America.

Vida persoal Anthon finou en Bremen, Alemaña, o 7 de xuño de 1883, a onde se trasladara o 9 de maio acompañado dunha sobriña na procura dunha curación para as súas doenzas.W. T. R. M. (1883). Páxinas 22-23. O seu corpo foi logo trasladado aos Estados Unidos e foi soterrado en Nova York, no New York Marble Cemetery.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Adelson, Howard A. (1958). The American Numismatic Society, 1858-1958. American Numismatic Society. Nova York. Smith, P. (2025). "Anthon, Charles Edward". En American Numismatic Biographies. Páxinas 15-16. W. T. R. M. (1883). "Obituary, Charles Edward Anthon". En American Journal of Numismatics. Vol. XVIII. Nº 1. Xullo. Páxinas 22-23. Ligazóns externas Documentos e correspondencia de Charles E. Enthon

Categoría:Nados en 1822 Categoría:Finados en 1883 Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:American Numismatic Society Categoría:Alumnos da Universidade Columbia Categoría:Coleccionistas Categoría:Personalidades sen imaxes