O Peirao Rock é un festival de música rock e metal extremo que se celebra anualmente na vila de Mugardos, na Comarca de Ferrol, Galicia. O festival tivo as súas orixes no 2006, e desde 2022 consolidouse como un dos eventos máis importantes da zona nas súas respectivas datas, destacando por apostar por bandas emerxentes do panorama galego xunto a grupos de traxectoria consolidada.Ferrol360. «El Peirao Rock presenta su nuevo cartel con presencia internacional» (2025-06-05).

Historia e características

O festival Peirao Rock naceu en 2006 promovido e organizado directamente pola Concellería de Mocidade do Concello de Mugardos co obxectivo de dar cabida ás bandas locais. A primeira edición, en 2006, contou con grupos como Lied, Dark Inside, Marthyrium, Wisdom e Trahsnos. O concello celebrou unha segunda e última edición municipal en 2007, coa participación de Tigres del Cañotas, Prelude, Marthyrium, Satán y Coplán, Rigor Mortis e Trashnos. Tras esta data, o festival non volveu celebrarse durante máis dunha década.

O Peirao Rock foi recuperado en 2022 por iniciativa particular e independente. Varios compoñentes de bandas locais promoveron a organización dun festival de estilos rock e metal, recuperando o nome de Peirao Rock, pero sen estar xa promovido nin organizado polo concello. A edición de 2022, que contou con Marthyrium, Pölisong, Cranio, Poison Dagger e Wisdom, marcou a evolución estilística do festival, enfocándose de forma máis específica en bandas de metal extremo (como o death metal e o black metal).La Voz de Galicia. «Mugardos metalero, divino tesoro con el Peirao Rock» (2025-07-31).

As seguintes edicións (2023, 2024 e 2025) mantiveron esta liña de metal extremo e rock pesado, incorporando formacións de prestixio a nivel estatal e internacional (como El Altar del Holocausto, Balmog ou The Night Eternal).Mugardos.gal. «Presentación dunha nova edición do Peirao Rock» (2023-07-26).

A súa localización é un dos seus principais atractivos, celebrándose no porto (o "Peirao") da vila de Mugardos, na ría de Ferrol.

Edicións

As bandas que participaron nas edicións celebradas do festival Peirao Rock son as seguintes:

2006: Lied, Dark Inside, Marthyrium, Wisdom, Trahsnos. 2007: Tigres del Cañotas, Prelude, Marthyrium, Satán y Coplán, Rigor Mortis, Trashnos. 2022: Marthyrium, Pölisong, Cranio, Poison Dagger, Wisdom. 2023: The Wizards, El Altar del Holocausto, Wisdom, Strikeback, Spectrum Mortis, Cruzeiro, Solrain, Cranio, Kharma. 2024: Moura, Rottentown, Balmog, Wisdom, The Night Eternal, Marthyrium, Nashgul, Hour-Glass. 2025: Black Panda, Sinistro, Sandford Music Factory, Witchtower, Lóstregos, Attic, Ruinas, Avulsed, La Hija del Carroñero.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Festival de música Rock en galego Mugardos

Ligazóns externas Páxina do Peirao Rock en Facebook

Categoría:Festivais de música en Galicia Categoría:Mugardos