Margarete Schütte-Lihotzky, nada o 23 de xaneiro de 1897 en Viena e finada o 18 de xaneiro de 2000, foi unha pioneira da arquitectura. É internacionalmente recoñecida polo proxecto da denominada cociña de Frankfurt en 1927.
Schütte-Lihotzky confiaba na liberación da muller por medio da racionalización e do aforro do tempo empregado nas tarefas domésticas. A pesar de que desde a actualidade puidésemos criticar que non expuxese a ruptura do rol da muller como única responsable das tarefas domésticas, as súas formulacións foron moi progresistas, xerando un dos progresos máis significativos desde a arquitectura, tanto cualitativos como cuantitativos, para a mellora da calidade de vida das mulleres. Outras arquitectas realizaron unha reflexión sobre o deseño da cociña a principios do século XX: Jane Drew, Charlotte Perriand e Aino Aalto.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Cociña de Frankfurt
Categoría:Finados por gripe Categoría:Nados en Viena Categoría:Arquitectos do Movemento Moderno Categoría:Finados en 2000 Categoría:Nados en 1897 Categoría:Arquitectos de Austria