O tranvía de Vigo foi un sistema de tranvía operado por TEVSA na cidade de Vigo e arredores entre os anos 1914 e 1968. Historia A primeira mención documentada da construción dun tranvía na cidade olívica data do ano 1891, cando Manuel Fernández Soler, autor do primeiro plano xeral de Vigo, propuxo unha primeira liña entre a praia de Guixar e Bouzas. En 1898 o deputado provincial Vicente Fernández Domínguez propuxo tamén un tranvía a vapor.
No ano 1907 Laureano Salgado, concesionario do tranvía eléctrico de Vigo, transferiu os dereitos á sociedade belga Societé Anónime des Transways de la Galice e o 3 de maio comezou o tendido eléctrico. En novembro de 1911 formouse unha empresa local de tranvías, denominada Tranvías Eléctricos de Vigo, Sociedad Anónima (TEVSA). Tras a adquisición de 20 tranvías eléctricos en 1913, o 2 de xuño de 1914 leváronse a cabo as primeiras probas e o 1 de agosto inaugurouse o tramo da rúa Elduayen.
O inicio da primeira guerra mundial causou que moitos dos accionistas do sistema retirasen as súas subvencións; das seis liñas orixinais, en 1925 só quedaban catro. Porén, nos anos posteriores viuse un aumento significativo tras a inclusión de liñas suburbanas, entre elas o tranvía de San Pedro da Ramallosa a Baiona e Gondomar en 1926 ou ó Porriño.
En 1968 o alcalde Rafael Portanet deu unha concesión que favorecería a Vitrasa fronte a TEVSA. En marzo de 1968, pechou definitivamente a liña de tranvía ó Porriño e en outubro do mesmo ano a de Baiona. En noitevella de 1968, todas as liñas urbanas do sistema de tranvía foron clausuradas permanentemente.
Liñas Liñas urbanas ata 1968 miniatura|Tranvía restaurado na Avda. de Castelao. Pereiró - Estación Bouzas - Os Caños Cabral - Ribeira Mercado - Os Caños Mercado - Chapela Bouzas - O Seixo Av. Florida - Chapela Ribeira - O Seixo As Travesas - O Seixo
Liñas suburbanas ata 1968 miniatura|Antiga Estación de Canido, Oia, Vigo. Vigo (Uruguai) - A Ramallosa - Baiona Os Muíños - Samil A Ramallosa - Gondomar Vigo (Ribeira) - Porriño
Actualidade miniatura|Mural conmemorativo en Gondomar. A volta dos trens a Vigo propúxose en varias ocasións. No ano 1993 Vitrasa propuxo a construción de dúas liñas, conectando o Cruce dos Choróns con Beiramar e Bouzas. En 2017 e 2021 a Asociación de Empresas Construtoras e Concesionarias de Infraestruturas reafirmou o potencial de restauración deste tipo de transporte, pero a idea foi rexeitada polo alcalde Abel Caballero.
En Gondomar hai un mural conmemorando a liña Vigo-A Ramallosa-Gondomar.
Notas
Categoría:Transporte en Vigo Categoría:Tranvías de España