Herbert Paul Grice, nado en Birmingham o 13 de marzo de 1913 e finado en Berkeley, California o 28 de agosto de 1988 foi un filósofo británico e profesor universitario da Universidade de California, de 1967 a 1988.
Fixo importantes contribucións á filosofía da linguaxe, máis concretamente na pragmática conversacional e notábeis publicacións en metafísica, ética e ao estudo de Aristóteles e Kant. O seu traballo tamén foi influente fóra da filosofía, na lingüística e na intelixencia artificial. Aínda que publicou relativamente pouco en vida, a súa influencia foi moi ampla a través de conferencias e manuscritos inéditos.Eintrag Paul Grice: Philosopher and Linguist] Entrada en Springer
Traxectoria
Grice foi galardoado coma estudante de Grego e Latín cunha graduación con honores (1933) e cunha segunda no curso Literae Humaniores (1935), coñecido como popularmente como o "Greats". Os Greats combinan Filosofía (antiga e moderna) e Historia Antiga. Grice completou os Greats en 1935, obtendo tamén honores de primeira clase. Os estudos rematounos no Corpus Christi College de Oxford. Despois dun ano dando clases nunha escola pública, volveu a Oxford, onde, cunha interrupción de case cinco anos de servizo na Mariña Real, foi profesor en varios postos ata 1967, cando se trasladou á Universidade de California-Berkeley. Alí impartiu clase ata a súa xubilación oficial en 1979 e continuou fora do cadro de persoal ata a súa morte en 1988. Estivo activo filosoficamente ata o final da súa vida —mantendo debates na súa casa, dando conferencias e editando unha colección da súa obra que se publicou postumamente como Estudos no Camiño das Palabras.
Máximas conversacionais Grice fai que a referencia a obxectivos ou propósitos non só sexa útil senón obrigatoria nunha teoría aceptable do significado. Esta posición ten que ver coa discusión da relación entre o contido dunha regra lingüística e o modo en que ese contido xera a forma de conduta que a regla goberna. Por iso, na explicación da falacia da aserción aparecen naturalmente referencias a factores contextuais conectados cos obxectivos dos falantes. O seguinte paso é mostrar que hai unha forma de tratar con esa infinidade de posibles variacións contextuais mediante condicións xerais que rexan a conversación como intercambio racional e coordinado. A máis xeral de todas é o Principio de Cooperación Conversacional .
Semántica
Grice propón unha semántica baseada na intención —é dicir, unha teoría semántica segundo a cal o significado dun enunciado se explica en función do estado psicolóxico que se pretende producir nunha audiencia. Unha semántica así céntrase no uso da linguaxe para comunicar.
Polo tanto, Grice comeza co intento de illar un tipo particular de significado, que el chama "significado comunicativo" ou "significado non natural" (meaningNN).
Significado natural vs. significado non natural
Significado Natural [“Significado non cognitivo”]
“Esas pintas significan sarampelo.” “Esas pintas non significaban nada para min, pero para o doutor significaban sarampelo.” “Este orzamento recente significa que teremos un ano difícil.”
Significado Non Natural (MeaningNN) [“Significado comunicativo”]
“Eses tres toques do timbre significan que o autobús vai completo.” “Esa observación, ‘Smith non podería seguir adiante sen os seus conflitos diarios’, significaba que Smith consideraba a súa muller imprescindíbel.”
O propósito de Grice é elaborar unha explicación do significado non natural (meaningNN).
Rexeitameno do relato causal
Grice considera e rexeita unha explicación causal do significadoNN. Tal explicación sería, a grandes trazos, a seguinte:
x significaNN algo se e só se x ten a tendencia a producir tal efecto cognitivo nun ouinte e a ser producido por ese estado nun falante.
É fácil atopar contraexemplos a esta explicación. Velaquí o de Grice: o feito de que me poña unha casaca de frac tende a facer que unha audiencia pense que estou a piques de ir a un baile, e eu podo poñerme unha casaca de frac porque penso que estou a piques de ir a un baile. Pero o feito de me poñer unha casaca de frac non significaNN que estea a piques de ir a un baile.
Grice atopa dous problemas na explicación causal:
Omite a noción de intención. O que hai que especificar non é o efecto que tende a producirse, senón o efecto que o falante pretende producir. Céntrase na idea dun significado estándar (dunha expresión ou enunciado) e ignora o que un falante en particular pode significar nunha ocasión concreta. Grice obxecta ademais, de xeito máis controvertido, que a teoría causal inverte as prioridades entre o "significado do enunciado" e o "significado do falante". É dicir, "o significado dun signo debe explicarse en función do que os usuarios do signo significan con el en ocasións particulares".
Notas
Categoría:Filósofos de Inglaterra Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1988 Categoría:Profesores da Universidade de Oxford Categoría:Nados en Birmingham Categoría:Pragmática