Non confundir co camarógrafo, produtor e director galés James Miller.

James L. Miller, nado o 9 de maio de 1932 e finado en Ventura, California, o 29 de novembro de 2003, foi un editor e numismático estadounidense.

Traxectoria

James L. Miller, grao acad na Universidade Loyola, foi un dos fundadores da revista numismática CoinAge en 1964, e logo o seu editor.Smith, P. (2025).

En 1974 foi nomeado membro da Comisión de Ensaios dos Estados Unidos.

Durante toda a súa traxectoria como numismático estivo moi vinculado á American Numismatic Association, que o distinguiu con varios dos seus premios máis sinalados.

Vida persoal Miller casou con Jill Miller, con quen tivo tres fillas.

Finou en Ventura, California, o 29 de novembro de 2003, aos 71 anos, afectado por un cancro de gorxa.Homren, W. (2003). "Coinage Founder James Miller Dies". En The E-Sylum. Vol. 6. Nº 51. 30 de novembro.

Recoñecementos

1979: Medalla ao Mérito da American Numismatic Association (ANA)."Past ANA Service Awards Recipients". American Numismatic Asociation (Money.org). 1988: Premio Clemy, do Numismatic Literary Guild."The Clemy Award Winners ". Numismatic Literary Guild (Nlgonline.org). 1990: Premio Farran Zerbe Memorial (ANA).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Smith, P. (2025). "Miller, James L.". En American Numismatic Biographies. Páxina 301.

Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 2003 Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Membros da Comisión de Ensaios dos Estados Unidos Categoría:Editores Categoría:Finados por cancro Categoría:Personalidades sen imaxes