Maud Adeline Cloudesley Brereton, nada o 19 de maio de 1872 e finada o 16 de abril de 1946, foi unha reformadora feminista e sanitaria británica que traballou primeiro na educación e logo como escritora promocional para a industria do gas.
Traxectoria Foi coñecida como reformadora social e sanitaria, e por ser a autora de The Mother’s Companion (1909), un libro de consellos para esposas modernas que promoveu a igualdade dentro do matrimonio. Cando a British Commercial Gas Association foi fundada en 1911, converteuse en editora do seu Gas Journal (1912-1932). Gran parte do seu traballo baseouse no concepto de usar gas e a súa tecnoloxía para aliviar o traballo doméstico e mellorar a saúde das mulleres e os nenos. Converteuse nunha figura destacada na campaña para que o gas, en lugar da electricidade, fose a principal fonte de enerxía doméstica. Brereton meteu presión aos xerentes da compañía de gas para que usasen e escoitasen os comentarios das mulleres que facían as demostracións, xa que cría que isto melloraría a comunicación bidireccional entre os consumidores e produtores de gas, e aseguraría que as dificultades domésticas dos clientes puidesen terse en conta . Tamén aconsellou ás compañías de gas que consultasen con "asesoras ben formadas".Foi unha das primeiras membros da Sociedade de Enxeñaría de Mulleres e contribuíu con artigos e información á revista The Woman Engineer na década de 1920. Foi membro do Efficiency Club e exerceu como presidenta entre 1931 e 1932.
Notas
Categoría:Finados en 1946 Categoría:Nados en 1872 Categoría:Feministas do Reino Unido