O tesouro "Muddy" é un tesouro de máis de 9.000 moedas romanas de Britania atopado en 2018 en Huntingdon, Cambridgeshire, que data aproximadamente do ano 274, durante o reinado conxunto de Tétrico e o seu fillo, Tétrico II, pretendentes rebeldes do Imperio Galo."Hoard. Unique ID: CAM-A0ECFB". Portable Antiquities Scheme (Fnds.org.uk).

Considérase con diferenza o maior tesouro de moedas do condado de Cambridgeshire, en Inglaterra.Prickett, K. (2023). "St Ives museum displays 'muddy hoard' of 9,000 Roman coins". En BBC News. 16 de setembro.

O achado foi declarado formalmente como tesouro logo da preceptiva análise forense por parte das autoridades arqueolóxicas e de patrimonio, realizada o 11 de novembro de 2021, e ficou exposto no Museo Norris en St Ives, Cambridgeshire a partir do 16 de setembro de 2023, inicialmente con carácter temporal ata a obtención do financiamento necesario para a súa adquisición permanente."Hoard Poster - Norris Museum". The Norris Museum (Norrismuseum.org.uk).

Descuberta e escavación miniatura|280x280px|Grupo de 261 moedas do tesouro á súa chegada ao Museo Británico en abril de 2018. O 30 de abril de 2018, un detectorista de metais na localidade de Huntingdon estaba a buscar en terreos privados co permiso do propietario, e alí desenterrou unha moeda de aliaxe de cobre. Despois de saíren do terreo unhas cantas moedas máis, o detectorista cubriu o achado para o notificar no marco do Programa de Antigüidades Portátiles (Portable Antiquities Scheme), tras o cal a oficial de enlace de achados de Cambridgeshire, Helen Fowler, e odoutor Andrew Brown, do Museo Británico, levaron a cabo unha escavación oficial do tesouro durante dous días.Pickett, K. (2021). "Detectorist finds 10,000 Roman coins in Huntingdon hoard". En BBC News. 19 de decembro.

Contido Está composto por dous recipientes cerámicos, un dentro do outro, dispostos á maneira das matrioscas rusas. O recipiente exterior era un vaso de gres gris de gran grosor, e o interior estaba feito de arxila máis fina e de cor agrisada escura. Determinouse que o recipiente interior acabou fendendo polo peso das moedas, o que requiriu a adición posterior do exterior para conter o resto do tesouro. Malia esta circunstancia, o conxunto estaba na súa maior parte intacto, sen que se apreciasen trazos arqueolóxicos significativos nos arredores da parcela.miniatura|312x312px|O tesouro clasificado polo seu contido no Museo Británico en agosto de 2019."The whole hoard after primary cleaning, August 2019 ". The Portable Antiquities Scheme (Finds.org.uk). Logo da separación das moedas no Departamento de Conservación do Museo Británico, determinouse que o conxunto estaba composto por 9.724 moedas romanas, unha mestura de antoninianos, radiati bárbaros e tres denarios, entre os que estaba unha variante de denario de Tétrico I non rexistrada ata daquela.

O tesouro ten unha alta proporción de antoninianos radiati, que se emitiron durante a escaseza de cuñaxes oficiais e a turbulencia do Imperio Galo, como resultado da Crise do Século III. Na época en que o tesouro foi soterrado, Tétrico rendeuse a Aureliano, co que este puido xuntar de novo o Imperio Romano."Gallic Empire - Livius". Livius.org

O tesouro contén a iconografía numismática de 14 emperadores e 1 emperatriz.+Táboa do contido do tesouroEmperadorPeríodoExemplaresImperioVolusiano251-2531CentralValeriano (emperador)253-2608CentralValeriano / Galieno (reino conxunto)253-2604CentralSalonina253-26018CentralSalonino258-2601CentralValeriano II3CentralGalieno260-268859 + 2 denariosCentralSalonina260-26876CentralClaudio II268-270766CentralClaudio II (divus)132CentralQuintilo27072CentralAureliano270-2758 (prerreforma)CentralDescoñecido6CentralPóstumo260-269107GaloLeliano2695GaloMarco Aurelio Mario26917GaloVitorino269-2711817GaloVitorino (divus)4GaloTétrico271-2742981 + 1 denarioGaloTétrico II271-2741281GaloRadiati irregulares998Emperadores incertos (anacos)6

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Bland, R. (2018). Coin Hoards and Hoarding in Roman Britain AD 43-c.498. British Numismatic Society / Spink. ISBN 9781907427794

Outros artigos

Tesouro

Categoría:Tesouros monetarios Categoría:Arqueoloxía en Inglaterra Categoría:Tesouros romanos