José García Rodríguez, nado no Carril (Vilagarcía de Arousa) o 12 de abril de 1914 e finado en Gusen (Austria) o 15 de outubro de 1941, foi un exiliado galego deportado ós campos de concentración nazis. miniatura|200px|Stolperstein en memoria de José García Rodríguez na praza Bastió de Maó.

Traxectoria Emigrou a Maó (Illas Baleares). Exiliouse en Francia tralo triunfo do bando franquista na guerra civil española, pasando polos campos de internamento de Argelès-sur-Mer e de Sepfonds. Coa declaración da segunda guerra mundial integrouse na Compañía de traballadores estranxeiros nº 11, sendo destinado a Orleáns e Évreux.

Trala caída de Francia na segunda guerra mundial foi detido polo exército alemán o 18 de xuño de 1940 na estación de Mosela, onde se encargaba das tarefas de descarga, e enviado primeiro ó Frontstalag 140, en Belfort (Francia) e despois ó Stalag XII-B, en Frankenthal (Alemaña). Deportado ó campo de concentración de Mauthausen, onde ingresou o 27 de xaneiro de 1941 co número de matrícula 5 517, e trasladado o 8 de abril de 1941 ó campo de concentración de Gusen co número de matrícula 12 253, onde pereceu o 15 de outubro de 1941, procedéndose tres días despois á cremación do seu corpo.

Vida persoal Fillo de Domingo García e María Josefa Rodríguez Somoza. En 1949 súa nai, xa viúva, residente en Les Salles-du-Gardon (Languedoc-Rosellón), iniciou os trámites para que o seu fillo fose recoñecido como deportado político polas autoridades francesas, por medio da Federación Española de Deportados e Internados Políticos. En 1958 María Josefa residía en Maó.

Recoñecementos O Goberno das Illas Baleares colocou en Maó no ano 2021 un Stolperstein en homenaxe de José García Rodríguez, o igual que en lembranza doutras 97 vítimas do franquismo e o réxime nazi en diferrentes localidaes desta comunidade autónoma.

O Concello de Vilagarcía de Arousa colocou no ano 2026 un Stolperstein na súa memoria na praza da Liberdade, no Carril.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1941 Categoría:Galegos finados en campos de concentración nazis Categoría:Galegos das Illas Baleares