Domingo Pérez Pérez, nado en Calde (Lugo) o 28 de outubro de 1883 e finado en Mendoza (Arxentina), foi un comerciante e político galego.

Traxectoria

Orfo, con 16 anos marchou a Coruña, e alí traballou nunha froitería durante dous anps. Embarcou nun mercante británico e enrolouse na Royal Navy en Southampton, primeiro de carboeiro e logo na maquinaria. Arribou a Arxentina en 1914. Estableceuse en Rosario cunha padaría e despois con restauración e distribución de viños da Rioja arxentina. Retornou a Galicia en 1926, estableceuse en Lugo e montou negocios. Na República foi elixido concelleiro pola ORGA nas eleccións municipais do 31 de maio de 1931,El Regional, 30-5-1931, p. 2. e foi segundo tenente alcalde. Foi cesado como concelleiro en 1934. Afiliouse a Izquierda Republicana, e foi vicepresidente do Consello de IR de Lugo.La Voz de la Verdad, 18-4-1936, p. 5. Foi reposto como concelleiro e tenente alcalde con Francisco Lamas López en febreiro de 1936.El Pueblo Gallego, 21-2-1936, p. 12. Exerceu como alcalde accidental de Lugo nalgunhas ocasións.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse. Foi detido o 30 de setembro de 1937 procesado por "actividades peligrosas", saíu en liberdade o 17 de outubro;Expediente procesual de Domingo Pérez Pérez volveu ser detido o 28 de outubro procesado por "desórdenes públicos". Foi conducido ao Hospital seguramente polas malleiras recibidas na prisión. Volveu ao Cárcere de Lugo para saír en xaneiro de 1939.Expediente procesual de Domingo Pérez Pérez Pouco despois foi retido pola Garda Civil en Castroverde ata o 1941. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.BOE, 15-5-1941, p. 1982.BOE, 9-12-1941, p. 4552. Os seus bens foron requisados. Conseguiu volver a Arxentina e estableucese en Mendoza onde morreu. Vida persoal

Casou en Rosario con Baltasara Barroso Salvador e foi pai de Baltasara Pérez Barroso, que casou con Antonio Arias Vázquez. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Domingo Pérez y Pérez, a memoria do tenente de alcalde lugués durante a Segunda República

Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Políticos de Izquierda Republicana Categoría:Concelleiros de Lugo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1883

Categoría:Finados en ano descoñecido