Vasconio (orixinalmente en latín Vasconius), finado en 646, foi un sacerdote galego que ostentou o título de bispo de Lugo dende 633 a 646.
Traxectoria O primeiro rexistro coñecido del é a súa participación no Cuarto Concilio de Toledo, presidido en 633 por Isidoro de Sevilla e Braulio de Zaragoza en presenza do rei Sisenando. Asinou as subscricións do concilio entre os últimos asistentes, o que suxire que a súa consagración episcopal debeu ter lugar pouco antes desta data. Tamén estivo presente no Sexto Concilio, convocado polo rei Chintila en 638, e no Sétimo Concilio, celebrado en 646 durante o reinado de Chindasvinto. Debeu morrer pouco despois, xa que o seu sucesor, Hermenfredo, xa con certa antigüidade na sé, asistiu ao Oitavo Concilio en 653 como bispo de Lugo.
Obra Algúns autores atribúenlle a redacción dun manuscrito titulado "Xenealoxía das liñaxes de Galicia" , que rexistra as orixes da nobreza do Reino Suevo.
Notas
Categoría:Bispos da diocese de Lugo Categoría:Personalidades da Idade Media de Galicia Categoría:Finados en 646 Categoría:Nados en ano descoñecido