Käthe Leichter, nada en Viena o 20 de agosto de 1895 e finada no centro de exterminio de Bernburg o 17 de marzo de 1942, foi unha economista austríaca, política, periodista e activista a prol dos dereitos das mulleres. Foi membro do partido socialdemócrata de Austria e da cámara obreira vienesa. Estivo detida no Campo de concentración de Ravensbrück durante o réxime nazi e foi asasinada por gas no Centro de Eutanasia de Bernburg en 1942. Era irmá da compositora e música-terapeuta Vally Weigl.

Pertenceu a Escola de Frankfurt

Notas

Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1942 Categoría:Alumnos da Universidade de Heidelberg Categoría:Alumnos da Universidade de Viena Categoría:Feministas de Austria Categoría:Sindicalistas