Nariño é un apelido galego. En orixe facía referencia ao lugar de residencia ou procedencia da persoa, coincidentes co topónimo Nariño, no concello de Val do Dubra.

En xaneiro de 2023 existían 44 persoas en Galicia co apelido Nariño, ben sexa como primeiro ou segundo apelido.Apelido Nariño na web do Instituto Galego de Estatística. O concello con maior concentración de persoas con este apelido é Val do Dubra.

Nariño en Colombia Nariño é o nome de varios topónimos en Colombia, salientando o nome do departamento de Nariño. Isto débese ao militar e político colombiano Antonio Nariño, que participou na independencia do Vicerreinado de Nova Granada, e cuxos pais eran orixinarios da comarca de Santiago de Compostela, concretamente de Val do Dubra.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de apelidos galegos Ligazóns externas Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización da Real Academia Galega, 2016.

Categoría:Apelidos galegos