é unha provincia do sueste da China. As súas fronteiras están delimitadas por Zhejiang no norte, Jiangxi no oeste, Guandong no sur e o estreito de Taiwán no leste. A súa capital é Fuzhou, mais a cidade máis poboada é Quanzhou; outras localidades de relevancia son as urbes portuarias de Xiamen e Zhangzhou. Pola súa situación na costa oeste do país, é a provincia da República Popular da China máis próxima xeográfica e culturalmente a Taiwán. Malia a súa separación tras a guerra civil chinesa, unha pequena área da rexión histórica de Fujian permanece baixo dominio taiwanés.

Malia que o groso da poboación se identifica coma han, é unha das provincias máis diversas da China a nivel cultural e lingüístico. Destacan os dialectos do chinés min, incluíndo os de Fuzhou e o min oriental (no noroeste da provincia) e variedades do min meridional e do hokkien (no suroeste).

Cunha poboación de 41.5 millóns de persoas, é a décimo quinta provincia da China en termos demográficos. En 2022, o seu PIB alcanzou os 5.31 billóns de iuans (790 000 millóns de dólares estadounidenses), o oitavo máis alto do país e o cuarto da zona leste. A súa renda per cápita está por enriba da media nacional, nuns 126,829 iuans (18,856 dólares), o segundo maior da China tras Jiangsu.

Fujian destaca pola súa industria educativa e de investigación. A data de 2023, dúas das súas cidades estaban entre as 45 principais do mundo en produtividade académica segundo o índice de Nature: Xiamen (número 38) e Fuzhou (número 45).

Etimoloxía A voz "Fujian" (en ) procede da combinación dos nomes das principais cidades da rexión: a súa capital, Fuzhou (en ), e a veciña Jianzhou (en ), na actualidade coñecida como Nanping (en ).

Xeografía Fujian é montañosa e, segundo un dito popular, . A rexión do noroeste está a maior altitude, coas montañas Wuyi creando unha barreira natural entre Fujian e Jiangxi. O seu cumio máis elevado, o monte Huanggang, con 2 157 metros de altura, sitúase nesta zona. Conta coa meirande superficie de bosques de todas as provincias da China, cunha cobertura forestal do 62.96% a data de 2009.

Ao leste de Fujian atópase o Mar da China Oriental; ao sur, o Mar da China Meridional; e ao sueste, o estreito de Taiwán. A súa costa é pedregosa, con moitas baías e illas. Entre as illas máis importantes, destacan Quemoy (tamén coñecida como Kinmen, controlada pola República Popular da China), Haitan e Nanri. A illa de Meizhou ocupa un lugar central no culto da deusa Matsu, patroa dos mariñeiros chineses.

O río Min e os seus afluentes pasan por gran parte do norte e o centro de Fujian. Outros ríos destacables son o Jin e mais o Jiulong. Debido aos desniveis da súa topografía, Fujian ten numerosos cantís e rápidos.

Fujian atópase a uns 180km de Taiwán, separados por un estreito. Algunhas das pequenas illas desta franxa marítima pertencen á provincia. Porén, as illas de Quemoy e Matsu pertencen á República da China.

Así mesmo, Fujian ten moitas fallas debido á colisión das placas eurasiática e filipina. As zonas de falla de Changle-Naoao e Longan-Jinjiang sepáranse unha media de 3 a 5 milímetros anuais. Por esta razón, existe a posibilidade de importantes tremores de terra no futuro.

O clima de Fujian é subtropical, e os seus invernos suaves. En xaneiro, a rexión alcanza unha media de entre 7 e 10 °C na costa e entre 6 e 8 °C nas rexións de montaña. No verán, as temperaturas son altas, e a provincia vese afectada por tifóns procedentes do Pacífico. A media anual de precipitacións é varía entre os 1400 e os 2000 milímetros.

Transporte Estradas A data de 2012, existían 25 876km de estradas en Fujian, entre os que se incluían uns 3 500km de autoestradas. A principais infraestruturas neste ámbito son a autoestrada de Zhangzhou-Zhaoan e a de Sanmingshi-Fuzhou.

Ferrocarril Debido á súa xeografía montañosa e á súa tradicional dependencia do transporte marítimo, as vías férreas apareceron en Fujian de xeito tardío en relación co resto do país. As primeiras conexións por tren a Jiangxi, Guangdong e Zhejiang inauguráronse en 1959, 2000 e 2009, respectivamente.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Wikipedia:Artigos con coordenadas en Wikidata