Phoebe Lucille Bridgers, nada en Pasadena, California o 17 de agosto de 1994, é unha cantautora estadounidense de indie rock e folk. Ademais da súa carreira en solitario, forma parte dos supergrupos Boygenius e Better Oblivion Community Center.
Traxectoria
2014 - 2016: Comezos Phoebe Bridgers participou en bastantes grupos na súa adolescencia, entre eles Sloppy Jane e Einstein's Dirty Secret, con quen actuaba na zona dos Ánxeles. O seu crecemento gradual levouna a coñecer ó produtor Tony Berg, quen ofreceu traballar no seu primeiro álbum gratuitamente. tamén coñeceu ó cantautor Ryan Adams, quen publicou o seu primeiro EP Killer, do cal varias cancións publicáronse tamén no seu primeiro álbum, Stranger in the Alps. En 2016 publicouse tamén a súa canción Waiting Room, como parte do álbum Lost Ark Studio Compilation, Vol. 8.
2017: Stranger in the Alps En xaneiro de 2017, publicouse o primeiro sinxelo oficial do seu primeiro álbum, "Smoke Signals". A principios do mesmo ano, abriu en concertos de Conor Oberst, quen logo contribuíu nas voces do álbum, aparecendo en versos de cancións coma "Would You Rather". O 18 de xullo de 2017, Bridgers publica "Motion Sickness" e o 12 de setembro, "Funeral". O álbum completo, Stranger in the Alps, publicouse coa discográfica Dead Oceans o 22 de setembro de 2017. producido por Tony Berg, Rob Moose e Ethan Gruska. Segundo Phoebe Bridgers, o nome do álbum procede dunha escena do Gran Lebowski (ambientada na cidade natal de Phoebe, Pasadena) onde a frase en inglés "Fuck a stranger in the ass" (foder a un descoñecido polo cu), censurouse coma "Find a stranger in the alps" (atopar un descoñecido nos Alpes). Durante 2017 e 2018, promoveu o álbum mediante a xira Farewell Tour.
2018–2019: Boygenius e Better Oblivion Community Center En 2018, Phoebe Bridgers, e as cantantes de rock indie Lucy Dacus e Julien Baker xuntáronse para formar o supergrupo Boygenius. Publicaron tres cancións en agosto, "Bite The Hand", "Stay Down" e "Me & My Dog". O 26 de outubro de 2018, publicouse o EP de nome homónimo ao grupo. O 5 de decembro, Bridgers publica mediante Spotify unha actuación en vivo de Scott Street e unha versión do sinxelo "Friday I'm in Love" de The Cure.
O 23 de xaneiro de 2019, Phoebe Bridgers e Conor Oberst anunciaron no programa de Stephen Colbert, a creación do dúo Better Oblivion Community Center. O día seguinte, 24 de xaneiro, publicaron mediante Dead Oceans o álbum tamén chamado Better Oblivion Community Center.
2020–2022: Punisher O 26 de febreiro de 2020, Phoebe Bridgers publica o sinxelo "Garden Song". En abril, aparece como colaboración na canción "Jesus Christ 2005 God Bless America" de The 1975. Bridgers ía participar na xira do grupo, xa que apareceu en tres cancións do seu álbum Notes on a Conditional Form, pero a xira foi cancelada pola pandemia do COVID-19. O 9 de abril publícase o segundo sinxelo do álbum, "Kyoto" e o 18 de xuño de 2020 publícase o seu segundo ábum, Punisher. O 20 de novembro publica unha EP chamado Copycat Killer con versións alternativas catro das cancións do álbum recente: "Kyoto", "Savior Complex", "Chinese Satellite" e "Punisher".
En 2021, levou a cabo a xira Reunion Tour, e colaborou en cancións de Muna e Taylor Swift, recibiu catro nomeamentos aos Grammys.
En 2022, Phoebe lanzou "Sidelines" e colaborou en álbums coma SOS de SZA. Lanzou tamén o derradeiro dos seus sinxelos de Nadal en solitario, unha versión de "So Much Wine" de The Handsome Family, en anos previos, Bridgers xa versionara cancións coma "Day After Tomorrow", "If We Make It Through December", "7 O'Clock News/Silent Night" de Simon and Garfunkel, "Christmas Song" e "Have Yourself a Merry Little Christmas".
2023–2024: The Record En 2023, as integrantes de Boygenius reuníronse. O 31 de marzo de 2023, Boygenius publicou o seu primeiro álbum, The Record. Deste álbum lanzáronse os sinxelos "$20", "True Blue" e "Emily I'm Sorry", a banda despois lanzou un EP ligado ó álbum titulado The Rest. Bridgers colaborou coa banda The National nos seus álbums First Two Pages of Frankenstein e Laugh Track. En 2024, Boygenius anunciou un hiato. A pesar de ser a artista máis galardoada dos premios Grammy de 2024, Phoebe Bridgers non lanzou música nova durante o resto de 2024 nin 2025.
Recoñecementos +AnoAsociaciónCategoríaObra ou artista nomeado2018Premios AIMRevelación Independente do AnoPhoebe Bridgers2021Premios LiberaGravación do AnoPunisherMellor álbum de rock alternativoMellor actuación en directoPhoebe Bridgers2022Premios LiberaMellor uso sincronizado"I Know the End" no episodio 6 de Mare of Easttown2024Premios GrammyMellor canción de rock"Not Strong Enough"Mellor actuación de rockMellor álbum de música alternativaThe RecordMellor actuación de pop en dúo ou grupo"Ghost in the Machine" (con SZA)Premios BritGrupo internacionalBoygenius
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Pasadena, California Categoría:Cantantes de California Categoría:Cantantes en lingua inglesa