Kid-E-Cats (en ; romanizado: Tri kota, lit. 'Tres gatos') é unha serie de televisión rusa de animación dirixida a preescolares e gardarías feita por CTC Media e Metrafilms Studio.
A serie lanzouse en 148 países en Nick Jr. Channel dende finais de novembro de 2017. A canle infantil francesa Gulli adquiriu a primeira e a segunda tempada (cun total de 156 x cinco minutos) da serie de animación preescolar Kid-E-Cats da distribuidora parisiense APC Kids. Gulli comezou a emitir o programa o 6 de xaneiro de 2020. Beijing Joy Culture Media (BJCM) representa a Kid-E-Cats.
Sinopse A serie segue as aventuras de tres gatos chamados Cookie, Pudding e Candy que viven en Catópolis (tamén coñecida como Cidade Miau). Gústalles xogar, comer doces e investigar sobre as cousas que os rodean. Cada día a súa mente curiosa leva os tres gatiños a novas aventuras. Cos sabios consellos dos seus pais, os gatiños resolven todos os problemas e todo sempre acaba ben. Cos seus amigos Cupcake, Chase, Boris, Smudge, Mustard, Bow, Raisin e Dart, pasan momentos moi emocionantes e interesantes investigando cousas novas ao seu redor cada día.
Notas
Categoría:Series de televisión en lingua rusa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2015 Categoría:Series de televisión de Rusia