David Wilson Talmage, nado o 15 de setembro de 1919 e finado o 6 de marzo de 2014, foi un inmunólogo estadounidense. Fixo importantes contribucións á teoría da selección clonal.

Carreira Talmage naceu nunha familia de misioneiros presbiterianos americanos na Corea controlada polos xaponeses. Educárono en casa e na escola da misión ata que empezou a asistir a un internado de educación secundaria en Pyongyang. Talmage obtivo unha licenciatura en ciencias (BS) no Davidson College en 1941 e o título de doutor en medicina (MD) na Universidade de Washington en St. Louis en 1944. De 1952 a 1959 foi profesor asociado de medicina na Universidade de Chicago. De 1959 foi profesor de Medicina no Centro de Ciencias da Saúde da Universidade de Colorado, profesor de microbioloxía de 1960 a 1986, e profesor distinguido desde 1986. Entre 1973 e 1983 foi director do Webb-Waring Lung Institute e decano asociado de investigación desde 1983 a 1986. Recibiu o Premio aos Logros dunha Vida da Asociación de Inmunólogos Americana inaugural en 1994.

O pupilo de Talmage Andor Szentivanyi descubriu a teoría beta adrenerxica da asma.

Morreu aos 94 anos o 6 de marzo de 2014.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Inmunólogos dos Estados Unidos de América