Antonio Araújo González nado en Mira de Cima (Coles), o 22 de setembro de 1916, e finado en Gusen o 11 de outubro de 1941, foi un refuxiado galego deportado aos campos de concentración nazis.

Traxectoria A casa do pai de Antonio Araújo estaba localizada na hoxe desaparecida rúa das Tapias do antigo concello de Canedo, desde 1943 pertencente a Ourense. miniatura|dereita|Rexistro dos aliados ao liberar o campo Antonio miilitou na UGT, pero cando comezou a guerra civil tivo que alistarse no exército golpista, ata que en novembro de 1937 conseguiu pasar ao campo republicano. Rematou a guerra en Barcelona, desde onde semella que fuxiu a Francia a principios de 1939, xunto con outros centos de milleiros de persoas.

Pouco se sabe do seu paso por Francia, aínda que seguramente compartiu o destino dos camaradas republicanos, sendo encerrado nos campos de refuxiados e integrándose nunha Compañía de Traballadores Estranxeiros. miniatura|Aviso de deceso enviado polo Goberno francés ao pai de Antonio. Ingresou no campo de concentración de Mauthausen o 25 de xaneiro de 1941, procedente do stalag XII-D de Tréveris, sendo clasificado como "agricultor", e de estado civil solteiro. O seu número de prisioneiro foi o 4.110.

Enviado a Gusen, o matadoiro, o 17 de febreiro de 1941, morreu alí o 11 de outubro do mesmo ano, con só 24 anos. Segundo o rexistro de Gusen a causa da morte foi unha colite ulcerosa.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Amat-Piniella, Joaquim (2014). K. L. Reich. Barcelona: Libros del Asteroide. Bermejo, Benito; Checa, Sandra (2006). Libro memorial: españoles deportados a los campos nazis (1940-1945). Madrid: Ministerio de Cultura. p. 403. Deportación. El horror de los campos de concentración. Fédération Nationale des Déportés e Internés Résistants e Patriotes. Barcelona: Editorial Petronio, 1969. Hernández de Miguel, Carlos (2015). Los últimos españoles de Mauthausen. La historia de nuestros deportados, sus verdugos y sus cómplices. Barcelona: Ediciones B. VV. AA. (2004). Livre-mémorial des déportés de France arrêtés par mesure de répression et dans certains cas per mesure de persécution 1940-1945. París: Éditions Tirésias. p. III-1147.

Categoría:Nados en 1916 Categoría:Nados en Coles Categoría:Finados en 1941 Categoría:Galegos finados en campos de concentración nazis