Fañch é un nome propio masculino bretón. É o hipocorístico de Fransez. A súa orixe é o xermánico *frankisk, que quere dicir 'franco, propio dos francos', o cal pasou ao latín serodio franciscus como unha adaptación do grupo étnico.
Polémica xudicial O nome foi obxecto de varias disputas xudiciais, nos que varias familias quixeron inscribir os seus fillos como Fañch, que leva o “ñ” propio do alfabeto bretón. En varias ocasións o Rexistro Civil francés negou a inscrición alegando que a letra ñ non forma parte oficialmente do alfabeto francés, polo que non se podía empregar en nomes legais.
Isto produciu unha forte polémica sobre o dereito das linguas rexionais en Francia e a preservación da identidade cultural na Bretaña. A polémica Fañch converteuse nun símbolo da defensa das linguas rexionais en Francia e puxo en evidencia as limitacións legais e culturais sobre o uso de caracteres non estándar do francés.
Fañch noutras linguas Aragonés: Francisco / Francés / Francho Castelán: Francisco Catalán: Francesc Éuscaro: Frantzes / Frantses / Frantzisko / Patziku Francés: François Bretón: Francisco Inglés: Francis Italiano: Francesco Portugués: Francisco Romanés: Francisc
Personalidades Fañch Peru, profesor e escritor bretón en lingua bretoa. Fañch Broudig, xornalista bretón e escritor en lingua bretoa. Fañch Morvannou, lingüista bretón. Fañch Eliès, nacionalista bretón, novelista e dramaturgo en lingua bretoa.
Notas
Categoría:Nomes masculinos de orixe xermánica Categoría:Nomes masculinos bretóns