Patricia Muñiz Núñez nada en Cambre en 1974 , é unha arquitecta, profesora e escritora galega.

Traxectoria

Arquitecta e doutora pola Universidade da Coruña (UDC) coa tese Viviendas prefabricadas en procesos de alojamineto de transición para refugiados y desplazados internos Haití, Japón, Siria_2010-2016. Tamén é Master Metrópolis in Urban Culture na Universidade Politécnica de Cataluña e Posgrao en Cooperación Internacional pola UDC.

Foi profesora no Graduado de Arquitectura de Interiores na UDC (2009 al 2013), no College of Management (2013), no Tecnológico de Monterrei (2014, 2015) e profesora axudante doutor na UDC, Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición. Está integrada no grupo de investigación Persona-Ambiente desde 2019.

É socia fundadora do Estudio MMASA (A Coruña, 2004), que foi Premio da Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo en 2018 e seleccionado para a Bienal Iberoamericana de 2019, Premio Europan 10 en Polonia, Premio de Ordenación do Territorio non COAG en 2012 por “A Cidade dos Barrios”.

É socia fundadora da Asociación Habitamos (ONGD). Como directora do proxecto Da emerxencia á recuperación. Plan de resposta diferenciada ás necesidades de vivenda transicional na crise humanitaria de Cabo Delgado. Mozambique recibiu en 2025 o Premio González Llanos de Investigación en Enxeñaría e Arquitectura, que lle outorgou o Concello de Ferrol.

Ten participado en proxectos da ONG Causas Comúns, coa ONG FPSC nun proxecto en Xordania e o Líbano no 2013. Entre o 2013 e o 2020 integrouse nun grupo de traballo Shelter dirixido por UNCHR e NRC en Xordania.

Ten publicado en revistas especializadas como Revista Ambiente Comportamiento y Sociedad, International Journal of E-Planning Research, Boletín Académico. Revista de investigación y arquitectura contemporánea, MONU. Magazine on Urbanism, Architektura&Biznes.

Obra

Bordes de Mar en Galicia (2006). Ed. COAG. ISBN 978-84-96712-01-0. Habitares. Los lugares de los ciudadanos (2009). Ed. COAG. ISBN 9788493692414. Juzgados del Barco de Valdeorras (2010). Ed. Xunta de Galicia. ISBN 9788493692438. Con Luciano G. Alfaya, Héctor Fernández Santos-Díez. A Cidade dos barrios. Unha mirada complementaria da Coruña (2011). Ed. Diputación da Coruña. ISBN 9788498121438. Con Luciano G. Alfaya. Juzgados de Almagro (2012). ISBN 9788415496113. Proyecto Mi casita para los sintecho (2017). Universidade da Coruña. ISBN 9788497496612. Coautora. Proyecto Urbano, Arquitectura e I+D+i (2018). Ed. Bululú. ISBN 9788494137679. Personas (2019). Universidade de Santiago de Compostela. Con Gabriel Tizón (fot.). The Elgar Companion to Gender and Global Migration: Beyond Western Research (2022). Ed. Edward Elgar. ISBN 9781802201253. Coautora.

Libros colectivos

El Espacio Litoral (2007). Xunta de Galicia. ISBN 9788496712171. La ciudad, de nuevo global / The city global again (2009). Ed. Andar Quatro. ISBN 9788493692414. Refugiados y Desplazados Internos. Soluciones de alojamiento (2016). Universidade da Coruña, ISBN 9788497496513. Premio Manuel Castillo 2018. "Estrategia de Desarrollo Urbano “Hábitat Saludable”. En Libro XIV Bienal Española de Arquitectura y Urbanismo. Más habitar, más humanizar (2018). Ed. Ministerio de Fomento. ISBN 9788409036141. EXODO (2018). Universidad de A Coruña. ISBN 978-84-9749-681-0. [coord. y co-autora] 2018.

Premios

2025: Premio Mujer TEC, Tecnológico de Monterrei. 2018: Premio Manuel del Castillo polas súas achegas na investigación académica e cinetífica no ámbito da cooperación, a paz e o desenvolvemento humano. 2019: Premio do Colexio de Arquitectos de Galicia de Divulgación, Investigacióne e Deseño. 2023: Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global polo seu labor investigador e académico. 2025: Premio González Llanos de Investigación en Enxeñaría e Arquitectura.

Ademais levou diversos premios en concursos de ideas e proxectos de arquitectura.

Notas

Categoría:Nados en Cambre Categoría:Nados en 1974 Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Profesores da Universidade da Coruña Categoría:Arquitectos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes