A Noccaea caerulescens (anteriormente referida como Thlaspi caerulescens), coñecida tamén as veces co nome xenérico de bolsa de pastor, é unha planta de flor da familia Brassicaceae. Atópase en distintas partes de Europa, incluíndo poboacións en Galicia.

Descrición Noccaea caerulescens é unha planta baixa bienal ou perenne que ten pequenas rosetas basais de follas elípticas-lanceoladas con marxes enteiras. Ten un ou máis talos florais, e as folliñas, sen amidonar, son alternas e amplexicaules (ou sexa, apertan ou arrodean o talo). A inflorescencia é un acio denso que continúa a medrar ao longo despois da floración.

Esta planta florece a finais de primavera. As flores individuais son regulares, con pétalos brancos ou rosados e teñen aproximadamente 5 milímetros de largo. Teñen cadanseus catro sépalos, catro pétalos, seis estames (catro longos e dous curtos) con anteras violetas, e cadanseu carpelo. O froito, que ten moitas sementes, é dunha forma alongada que se vai aplanando no extremo, como se fose unha espátula, onde ademais ten entalles.

Distribución

En Europa atópase en Escandinavia, agás nas rexións máis setentrionais e costeiras, nos Alpes, no Macizo Central, os Pireneos, o sur de Alemaña, o norte de Inglaterra ou Galicia. É unha planta de solos complicados, como ladeiras secas, lindes de prados ou bosques, arrós, patios ou lugares espidos.<ref>. Retrieved 2013-12-24</span>.</cite></ref> Aparece con frecuencia tanto en solos sen presenza de metais como en solos ricos en metais, como os calaminosos ou ultramáficosespallados por Europa. Nestes ambientes é capaz de acumular grandes cantidades de cinc, cadmio ou níquel nos seus tecidos.

En Galicia está presente na parte central (A Ulloa, arredores do río Ulla), con rexistros asociados a sitios termófilos e substratos especiais, como rochas serpentinas e solos ricos en metais.

Fitorremediación Esta planta foi estudada por ter propiedades fitoextraccionais especiais e sábese que absorbe cadmio, cinc e níquel. As follas poden acumular até 380 mg/kg de cadmio. É unha planta pois do grupo das plantas hiperacumuladoras.

Crese que a capacidade dalgunhas plantas para acumular grandes cantidades de metais apareceu porque se intensificou o funcionamento de xenes que xa participaban de maneira natural na absorción e no equilibrio destes elementos. Este proceso baséase principalmente en tres pasos clave: a entrada dos metais polas raíces, o seu transporte desde as raíces ata a parte aérea da planta e, finalmente, a súa neutralización e almacenamento seguro nas follas e nos talos. A súa capacidade para acumular metais pesados, coma o cadmio, pode ser inhibida por altas concentracións doutros metais no medio de crecemento, coma o cobre.

No caso de Noccaea caerulescens, a inhibición do xene NcIREG2 nas raíces achegou probas xenéticas directas de que este transportador desempeña un papel clave no carrexo do níquel e na súa acumulación dentro dos vacúolos das células vexetais. Asemade, hai probas xenéticas e funcionais de que o transportador de metais NcIRT1 participa na absorción e na acumulación de níquel, e de que as mutacións que fan que este xene deixe de funcionar son as responsables de que algunhas poboacións de Noccaea caerulescens perdan a capacidade de hiperacumular este metal.

Notas

Categoría:Flora de Galicia Categoría:Flora da Europa Atlántica Categoría:Noccaeae