Gerd Dethlefs, nado en Flensburgo en 1958, é un historiador e numismático alemán, especializado na historia local de Münster.

Traxectoria

Dethlefs naceu en 1958 na cidade de Flensburgo, estado de Schleswig-Holstein, aínda que xa na súa infancia se trasladou coa súa familia a Münster, Renania do Norte-Westfalia, onde residiu durante toda a súa vida activa.Ilisch, P.; Kötz, S.; Wittenbrink, S. (2018).

Logo da súa graduación en educación secundaria no Johann-Conrad-Schlaun-Gymnasium, cursou estudos superiores de Historia, Historia da Arte e Linguas Románicas na Universidade de Münster entre 1979 e 1985, ano en que acadou o mestrado en Artes cunha tese sobre a ceca de Marsberg durante a Idade Media, dirixida por Peter Johanek. Xa a principios de 1985, comezou a colaborar como bolseiro no Museo da Cidade de Münster (Stadtmuseum Münster), onde logo foi empregado como historiador e axudante de investigación a partir de 1987.Kötz, S. (2024).

En 1998, accedeu ao doutoramento en Historia pola mesma universidade, cunha tese acerca dos chamamentos á paz durante as negociacións da Paz de Westfalia, e da súa repercusión na arte e na literatura,Dethlefs, G. (1998). Friedensappelle und Friedensecho. Kunst und Literatur während der Verhandlungen zum Westfälischen Frieden ["Chamamentos pola paz e ecos da paz: arte e literatura durante as negociacións para a paz de Westfalia"]. Westfälische Wilhelms-Universität zu Münster. baixo a dirección de Peter Johanek.

De 1996 a 2024, exerceu como conservador de historia rexional no Museo Estatal de Arte e Historia Cultural de Westfalia en Münster. Neste museo, a partir de 2012 responsabilizouse igualmente do arquivo de retratos Diepenbroick, e de xeito interino de xuño de 2012 a abril de 2014, tamén do gabinete numismático.

En 1999 ingresou como membro de pleno dereito na Comisión Histórica de Westfalia, e ese mesmo acco accedeu á dirección xeral da Asociación de Museos de Westfalia.

Dethlefs tamén é un reputado estudoso en materia de numismática. No ámbito asociativo e das sociedades eruditas, entre os anos 2004 e 2007 presidiu a Sociedade Numismática Alemá,"Vorsitzende/Präsidenten der Deutschen Numismatischen Gesellschaft". Deutsche Numismatische Gesellschaft (dng-nnb.de).. na que a partir de 2021 pasou a encabezar o xurado do premio Eligiuspreis."Eligiuspreis". Deutsche Numismatische Gesellschaft (dng-nnb.de). De 2005 a 2022 foi presidente da Asociación de Coleccionistas de Moedas de Westfalia e Áreas Adxacentes."Vereinsinformationen ". Verein der Münzfreunde für Westfalen und Nachbargebiete (Muenzfreunde-westfalen.de). Entre 2012 e 2022 foi tamén secretario da Sociedade Alemá da Medalla de Arte. En 2015 asumiu a presidencia da Asociación para a Promoción de Coleccións Públicas de Moedas en Westfalia, que se creara pouco tempo antes.

De 2014 a 2024 foi membro da Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña como representante especialista en historia rexional.

Dethlefs xubilouse en xuño de 2024.

Vida persoal En 1998 casou Silvia Dethlefs, con quen tivo dous fillos.

Recoñecementos

2016: Premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional."GIG-Ehrenpreisträger". Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte (GIG-geldgeschichte.de).

Publicacións A listaxe de artigos e colaboracións de Gerd Dethlefs abrangue máis de 350 referencias, centradas en temas como a historia rexional de Westfalia; a historia da moeda e do diñeiro, sinaladamente en Westfalia desde o século XVI ata o XVIII; as medallas contemporáneas e a arte do vidro da modernidade temperá, ou a música eclesiástica en Münster."Gerd Dethlefs (*1958). Zusammenstellung von Schriften". Coingallery.de"Gerd Dethlefs". Deutsche National Bibliothek (portal.dnb.de).

Escolma de monografías Esta é unha escolma dos principais traballos monográficos publicados por el ao longo da súa traxectoria:

(1983). Geschichte original. Am Beispiel der Stadt Münster. Teil: 10: Soldaten und Bürger ["Historia orixinal: o exemplo da cidade de Münster. Parte 10: Soldados e cidadáns"]. Aschendorff, Münster. ISBN 978-3-402-02730-1 (1985). Die Belagerung von Münster 1759 ["O asedio de Münster 1759"] (con G. Althaus e R. D. Zerbe). Stadtmuseum, Münster. (1989). Geschichte original. Am Beispiel der Stadt Münster. Teil: 16: Pest und Lepra ["Historia orixinal: o exemplo da cidade de Münster. Parte 16: peste e lepra"]. Aschendorff, Münster. ISBN 978-3-402-02736-3 (1998). Friedensappelle und Friedensecho. Kunst und Literatur während der Verhandlungen zum Westfälischen Frieden ["Chamamentos pola paz e ecos da paz: arte e literatura durante as negociacións para a paz de Westfalia"]. Münster 1998. (2000). Das Marsberger Münzwesen im Mittelalter. Zur Wirtschafts- und Sozialgeschichte einer südwestfälischen Stadt um 900-1300 ["O sistema monetario de Marsberg na Idade Media: sobre a historia económica e social dunha cidade do sur de Westfalia arredor dos anos 900-1300"]. Schulte & Schwarz, Marsberg. ISBN 978-3-9806428-5-9 (2007). Die Sammlung Nachtmann: Antiken, Glas, Keramik ["A Colección Nachtmann: antigüidades, vidro, cerámica"]. Bonifatius Verlag. ISBN 978-3897103832 (2009). Das Cappenberger Chorgestühl 1509-1520 ["Os bancos do coro de Cappenberg, 1509-1520"]. Aschendorff, Münster. ISBN 978-3895348730 (2024). Zeichen der Identität. 500 Jahre Reformationsmedaillen ["Símbolos de identidade: medallas de 500 anos de reforma"] (con S. Rhein). Evangelische Verlagsanstalt, Leipzig. ISBN 978-3-374-07325-2

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Kötz, S. (2024). "Personalia: Gerd Dethlefs". En Numismatisches Nachrichtenblatt. 7/2024. Ilisch, P.; Kötz, S.; Wittenbrink, S. (2018). "Gerd Dethlefs zum 60. Geburtstag". En Numismatisches Nachrichtenblatt. 6/2018.

Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados en Schleswig-Holstein Categoría:Historiadores de Alemaña Categoría:Numismáticos de Alemaña Categoría:Galardoados co premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional Categoría:Alumnos da Universidade de Münster