miniatura|San Xerome de Estridón de Xoán Davila na capela da comuñón da Catedral de Santiago de Compostela. miniatura|Xerome de Estridón na fachada da Basílica de Santa María a Maior de Pontevedra. miniatura|San Xerome, obra de José de Ribera do ano 1644 conservado no Museo do Prado.
Xerome de Estridón (en latín, Eusebius Sophronius Hieronymus), nado en Estridón no 347 e finado o 30 de setembro de 420, foi un teólogo da Idade Antiga, coñecido como San Xerome polo cristianismo.
San Xerome, cuxo nome significa "o que ten un nome sagrado", consagrou toda a súa vida ao estudo das Sagradas Escrituras e é considerado un dos mellores neste oficio. Traduciu a Biblia do grego e o hebreo ao latín e é considerado Pai da Igrexa, un dos catro grandes Pais Latinos.
Traxectoria miniatura|esquerda|San Xerome por Bellini (1505).
Naceu en Estridón (oppidum, destruído polos godos en 392, situado na fronteira de Dalmacia e Pannonia) no ano 347.
Estudou latín en Roma baixo a dirección do máis famoso profesor do seu tempo, Donato, quen era pagán. O santo chegou a ser un gran latinista e moi bo coñecedor do grego e doutros idiomas, pero moi pouco coñecedor dos libros espirituais e relixiosos. Pasaba horas e días lendo e aprendendo de memoria aos grandes autores latinos, Cicerón, Virxilio, Horacio e Tácito, e aos autores gregos: Homero, e Platón, pero case nunca dedicaba tempo á lectura espiritual.
Xerome dispuxo irse ao deserto a facer penitencia polos seus pecados (especialmente pola súa sensualidade que era moi forte, polo seu terrible mal xenio e o seu grande orgullo). Pero aínda que rezaba moito, xaxuaba, e pasaba noites sen durmir, non conseguiu a paz, descubrindo que a súa misión non era vivir na soidade.
De regreso á cidade, os bispos de Italia xunto co papa nomearon como secretario a santo Ambrosio, pero este caeu enfermo, e decidiron nomear a Xerome, quen desempeñou o cargo con moita eficiencia e sabedoría. Vendo os seus extraordinarios dotes e coñecementos, o papa san Dámaso nomeouno como o seu secretario, encargado de redactar as cartas que o Pontífice enviaba, e logo designouno para facer a tradución da Biblia.
Ao redor dos 40 anos, Xerome foi ordenado sacerdote, pero os seus altos cargos en Roma e a dureza coa que corrixía certos defectos da alta clase social trouxéronlle envexas e inimigos, e, sentíndose incomprendido e ata calumniado en Roma, onde non aceptaban o seu modo enérxico de corrección, dispuxo afastarse de alí para sempre e foise a Terra Santa. miniatura|San Xerome por Caravaggio.
Vida en Belén Os seus últimos 35 anos pasounos nunha gruta, xunto á cova de Belén. Varias das ricas matronas romanas que el convertera coas súas predicacións e consellos, venderon os seus bens e fóronse tamén a Belén a seguir baixo a súa dirección espiritual. Co diñeiro desas señoras construíu naquela cidade un convento para homes e tres para mulleres, e unha casa para atender aos que chegaban de todas partes do mundo a visitar o sitio onde naceu Xesús. Escribiu contra as diferentes herexías con tremenda enerxía.
A Vulgata miniatura|esquerda|200px|Folio dunha carta de San Xerome ao Papa Dámaso do Codex Beneventanus. As traducións da Biblia que existían nese tempo (chamadas actualmente "Vetus Latina") tiñan moitas imperfeccións de linguaxe e varias imprecisións ou traducións non moi exactas. Xerome, que escribía con grande elegancia o latín, traduciu a este idioma toda a Biblia, e esa tradución chamada "Vulgata" (ou tradución feita para o pobo ou vulgo) foi a Biblia oficial para a Igrexa Católica Latina durante 15 séculos, ata a promulgación da Neovulgata no ano 1979.
Foi un soado estudoso do latín nunha época na que iso implicaba dominar o grego. Sabía algo de hebreo cando comezou o seu proxecto de tradución, pero mudouse a Belén para perfeccionar os seus coñecementos do idioma. Comezou a tradución no ano 382 corrixindo a versión latina existente do Novo Testamento. Aproximadamente no ano 390 pasou a traballar no Antigo Testamento en hebreo. Completou a súa obra no ano 405.
A Igrexa Católica recoñeceu sempre a San Xerome como un home elixido por Deus para explicar e facer entender mellor a Biblia, polo que foi nomeado Patrón de todos os que no mundo se dedican a facer entender a Biblia. Pola mesma razón, na data da súa morte, o 30 de setembro, celébrase o Día Internacional da Tradución.
Pensamento miniatura|Antonello da Messina, San Xerome no seu estudo, 1460 Xerome preocupouse polos deberes dos sacerdotes recomendándolles o coñecemento das Sagradas Escrituras (que nunca o texto sagrado se che caia das mans) prudencia no trato coas mulleres (ignora por igual a todas as doncelas ou virxes de Cristo ou ámaas por igual. Non mores baixo o mesmo teito con elas nin te fíes da súa anterior castidade. Non es máis santo que David nin máis sabio que Salomón) e a solidariedade cos marxinados (coñezan a túa mesa os pobres e os peregrinos, e con eles Cristo como convidado).
Fustrigou aos cregos que se enriquecían e esquecían a humildade (foxe como da peste do crego negociante, e que de pobre que era se fixo rico, e de plebeo, fanfarrón) así como dos que alternaban con xente principal:
Aos laicos predicoulles, fronte ás ideas de Marción e Manes a bondade do matrimonio pero sempre por debaixo da virxindade (Chamamos ouro á virxindade e prata ao matrimonio). Advertiulles tamén moi severamente do perigo das riquezas:
Obras miniatura|Ordo seu regula De viris illustribus. Adversus Iovinianum. Contra Vigilantium. Dialogi contra Pelagianus. Liber Locorum. Liber interpretationis habraicorum nominis.
Véxase tamén
Outros artigos Colexio de San Xerome
Categoría:Padres da Igrexa Categoría:Santos Categoría:Tradutores da Biblia Categoría:Tradutores do hebreo Categoría:Tradutores do grego Categoría:Tradutores ao latín Categoría:Latinistas Categoría:Académicos da tradución Categoría:Doutores da Igrexa Categoría:Finados en 420 Categoría:Nados en 347 Categoría:Século V Categoría:Santos do catolicismo