Pedro Alejandro "Ale" García Mejías, nado nas Palmas de Gran Canaria o 19 de marzo de 2003, é un futbolista español que xoga de extremo dereito na UD Las Palmas, da Segunda División.
Traxectoria Nado nas Palmas de Gran Canaria, uniuse ao equipo xuvenil da UD Las Palmas en 2019, procedente do Estrella CF. O 4 de xuño de 2021 foi chamado para facer a pretempada co primeiro equipo, dirixido polo adestrador Pepe Mel.
O 11 de setembro de 2021, antes mesmo de xogar co filial, debutou co primeiro equipo na Segunda División, substituíndo a Jesé no último minuto dun empate 1-1 na casa contra o Ibiza. Entre 2023 e 2025 xogou cedido no Antequera e no Atlético de Madrid B, ambos na Primeira Federación.
Para a tempada 2025/26 regresou á UD Las Palmas.
Notas
Categoría:Nados en 2003 Categoría:Nados nas Palmas de Gran Canaria Categoría:Futbolistas das Canarias Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores da UD Las Palmas B Categoría:Xogadores da UD Las Palmas Categoría:Xogadores do Antequera CF Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid B