Josep Salat i Móra, nado en Cervera, Lleida, o 7 de xuño de 1762 e finado en Igualada, Barcelona, o 2 de maio de 1832, foi un numismático catalán, un dos primeiros estudosos da historia da moeda catalá."José Salat y Mora". Historia Hispánica. Real Academia de la Historia (RAH.es).

Traxectoria Salat i Mora naceu en 1762 en Cervera,«Josep Salat i Móra». En Gran Enciclopèdia Catalana. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. terceiro fillo de Teresa Móra i Huguet e do farmacéutico Josep Salat i Corts.Llobet i Portella, J. M. (2018). Páxina 19.

Acadou o título de bacharel nos Canons Sagrados e, ademais, doutorouse en Dereito na antiga Universidade de Cervera. Malia ser na súa mocidade un clérigo tonsurado, finalmente optou pola vida civil; na súa dedicación profesional posterior deixou a un lado a carreira eclesiástica e centrouse no exercicio do Dereito, e mesmo chegou a traballar, durante uns anos, na Real Audiencia de Cataluña. Malia non coñecerse constancia documental, algunhas notas biográficas sinalan que tamén exerceu a docencia do Dereito en Cervera..Llobet i Portella, J. M. (2018). Páxina 20.

Paralelamente, foi un dos primeiros coleccionistas e estudosos da historia da moeda de Cataluña. Grazas á súa doazón á Xunta de Comercio de Barcelona púidose crear posteriormente o Gabinete Numismático de Cataluña, que logo pasou a albergarse no Museo Nacional de Arte de Cataluña.

O seu tratado sobre a moeda catalá publicado en 1818 en dous volumes —un terceiro ficou inédito— achega unha visión dos aspectos económicos e monetarios da Cataluña medieval e moderna.

Salat era membro da Real Academia das Boas Letras de Barcelona, entidade na que ingresou en 1822."Académicos por número e orde de admisión". Reial Acadèmia de Bones Lletres (Boneslletres.cat).

Vida familiar Salat estivo casado con Francesca Matheu, natural de Igualada, e a partir dese momento a parella estableceu a súa residencia familiar nesa localidade barcelonesa.

Josep Salat i Móra finou en Igualada en 1832.

Publicacións

(1818). Tratado de las monedas labradas en el Principado de Cataluña con instrumentos justificativos (Tomo I). A. Brusi, Barcelona. (1818). Colección de instrumentos justificativos de las monedas del Principado de Cataluña (Tomo II). A. Brusi, Barcelona. (1819). Catálogo de las obras que se han escrito en lengua catalana desde el reinado de D. Jayme el Conquistador. J. F. Piferrer, Barcelona.

Ademais das obras publicadas, deixou inédito o traballo Apuntes para la historia de las invasiones de las tropas francesas en 1808.Botet i Sisó, J. (1912). «Notícia del volum tercer del “Tratado de las monedas labradas en el Principado de Cataluña por el Dr. D. Josef Salat”». En Boletín de la Real Academia de Buenas Letras de Barcelona. Nº 45. Páxinas 225-249. Nº 46. Páxinas 294-307.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía «Josep Salat i Móra». En Gran Enciclopèdia Catalana. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. Llobet i Portella, J. M. (2018). «Documents per a una biografia del numismàtic cerverí Josep Salat i Móra (1762-1834)». En Acta Numismàtica. 47. Barcelona. Páxinas 19-45. Pascual i Domènech, P. (2020). «Josep Salat i Mora (1762-1832). Una vida dedicada a l’estudi de la història monetària de Catalunya». En Miscellanea Aqualatensia. Nº 19. Páxinas 59-108.,

Categoría:Nados en 1762 Categoría:Finados en 1832 Categoría:Nados en Cervera Categoría:Numismáticos de Cataluña Categoría:Coleccionistas Categoría:Avogados de España Categoría:Personalidades sen imaxes