Ouna, coñecida tamén como VRAD (Very-Long-Baseline-Interferometer Radio source) e VStar, foi unha subsonda do Xapón lanzada o 14 de setembro de 2007 mediante un foguete H-IIA desde o Centro Espacial de Tanegashima acaroada á sonda Kaguya para estudar a Lúa.

Características Ouna era unha sonda con forma de cilindro octogonal de 0,99 x 0,99 x 0,65 m cunha masa de 53 kg que foi liberada da sonda principal Kaguya o 12 de outubro de 2007 nunha órbita lunar polar de 127 x 795 km para estudar conxuntamente a Lúa. Estabilizábase mediante xiro a 10 r.p.m. e da súa parte superior xurdía unha antena dipolo. A alimentación eléctrica era proporcionada por células solares cubrindo un dos lados do satélite, xerando 70 W de potencia eléctrica que iban a parar a unha batería de níquel-cadmio de 13 Ah de capacidade. Ouna levaba a bordo unha emisora en banda X e tres en banda S para facer observacións de interferometría de moi longa base desde a Terra e estudar a posición e precesión da Lúa con gran precisión. As operacións co satélite cesaron o 29 de xuño de 2009.

Notas

Véxase tamén Outros artigos H-IIA Kaguya

Categoría:Sondas espaciais