Argentino Novo Romeo, nado en Valdoviño o 17 de maio de 1904, foi un militar e político galego.

Traxectoria

Chófer. Foi condutor na Garda Civil co grao de cabo na Coruña e Jaraicejo (Cáceres) onde se encontraba cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Incorporouse á Guardia Nacional Republicana prestando servizo nos Corpos de Seguridade como condutor, alcanzando a graduación de sarxento en outubro de 1936 e despois a de tenente na fronte de Madrid. Afiliado ao Partido Socialista Obrero Español e á Unión General de Trabajadores. Estivo en Valencia (1938) e Barcelona e coa caída de Cataluña exiliouse en Francia cruzando a fronteira por Le Perthus o 5 de febreiro de 1939. Estivo internado no campo de concentración de Barcarès e no Centre d’Hébergement de Montolieu desde onde solicitou axuda á Embaixada de México en Francia. O 24 de maio de 1939 embarcou no Sinaia rumbo a México, arribando a Veracruz o 13 de xuño.Asilados políticos españoles llegados a bordo del vapor Sinaia Marchou a Cidade de México onde participou na creación da Asociación de Inmigrantes Españois en México (AIEM) en decembro, formando parte da súa xunta directiva. Ao constituírse o Círculo Cultural Pablo Iglesias do PSOE en abril de 1940 incorporouse a el, pero foi expulsado en agosto dese ano por non deixar de pertencer a AIEM.

Vida persoal

Casou con María del Carmen Gutiérrez Cimorra.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas "México enriqueceuse moito coa chegada dos exiliados republicanos"

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Valdoviño Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en ano descoñecido